Tras estudia-lo bacharelato en Cádiz, marchou a Sevilla e con posterioridade a Madrid, onde, en 1948, fixo o doutoramento en Filosofía e Letras con premio extraordinario. Un ano despois, en 1949, fíxose catedrático. A súa primeira cátedra foi en Santiago de Compostela, logo en Valladolid e despois na Universidade Complutense de Madrid, onde foi catedrático de Historia da Arte Moderna e Contemporánea. Foi decano da facultade de Filosofía e Letras (1967-1970) e vicerrector (1970-72).
Estes son algunhas das súas publicacións máis destacadas: Castillos toledanos del s. XV, El cilindro, motivo típico del Barroco compostelano, La iconografía de El Expolio de El Greco, El Convento de Uclés y Francisco de Luna, maestro de cantería, La valoración del gótico en la estética del s. XV, Inventario artístico de la provincia de Madrid, Historia del Arte, Castilla La Nueva, Basílica de San Prudencio de Armentía, Alonso Berruguete, cuatro ensayos, Arte gótico en España, La arquitectura de los orígenes del Renacimiento e La escultura de la Cámara Santa de la Catedral de Oviedo.
En 1973 foi elixido membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Participou na sección "Aula Abierta", un programa radiofónico dirixido ós estudiantes da UNED, no curso 1976-77. En 1983 foi o director do Inventario Artístico de Guadalaxara e a súa provincia.