Jesús Ángel Simal Lozano


Categoría: Catedrático de Bromatoloxía, Toxicología e Análise Química Aplicada
Data de Nacemento: 22 de xuño de 1938
Lugar de Nacemento: Daimiel (Ciudad Real)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Reside en Santiago de Compostela dende o Anno Santo 1954, para facer pre-universitario. Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1961 e doutor en Farmacia pola mesma universidade en 1964, foi profesor axudante, adxunto interino e en propiedade en 1964; encargado de curso; agregado interino e por oposición en marzo de 1973. Foi nomeado catedrático o 24 de decembro de 1975. Na homenaxe ofrecida polos seus discípulos pola súa xubilación, en 2008, o Rector lle impón a Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela e obsequiano con 500 exemplares do Cursus Honorum “Coa satisfacción do deber cumprido”, que pode localizarse en formato dixital: sexa en Autores galegos na USC,  ou, a texto completo, se se dispón de acceso a BUGALICIA en

http://www.usc.es/caa/caa/curriculumsimal-lozano.pdf

 Obras realizadas

Bolseiro no Laboratorio Municipal de París (1967), foi responsable de Accións Integradas franco-españolas e luso-españolas. É autor de máis 300 traballos experimentais sobre medio ambiente, composición de alimentos e prácticas de laboratorio. Analogamente presentou outras tantas comunicacións a congresos e, máis recientemente, é WebMaster da súa propia páxina Web (http://www.usc.es/caa/simal.htm). Participou no III Certame Intercampus 2005, modalidade B- Recursos Didácticos- Investigación e Docencia en Internet e no I Congreso Internacional on-line en Tecnoloxías da Información e Comunicación en Ciencias do 5 ao 16 de marzo de 2005. Das 36 teses de doutoramento que dirixiu, cinco son catedráticos de Universidade, quince Profesores Titulares de Universidade, Catedráticos de Instituto de Bacharelato, Profesores de Escolas Universitarias e bolseiros. Dirixiu máis de 150 traballos de licenciatura e participou en numerosos proxectos de Investigación.
No Xacobeo 2010, Anno Santo Compostelano, o Consorcio da cidade de Santiago e a USC, lle publican “Láminas de Compostela”, onde se inclúen 50 debuxos da cidade de Santiago de Compostela.

 Outros datos de interese

Discípulo de D. Aniceto Charro Arias, foi Premio Extraordinario da licenciatura en Farmacia en 1961 e Premio Extraordinario de Doutorado en 1964. Ademáis, recibiu diferentes premios e distincións por traballos dirixidos, Premios Extraordinarios de Doutorado, Premio Eloy Díaz, Premio Dolores Trigo, Premio Abeja Reina e Premio da Real Academia de Farmacia. Personalmente foi Daimielenño do anno 2002, outorgado polo xornal Las tablas de Daimiel, de Daimiel (Ciudad Real) á súa traxectoria docente e investigadora, como catedrático de Bromatoloxía-Toxicoloxía e Análise Químico Aplicado da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela. Membro do Patronato da Sociedade Española de Nutrición e Académico de número da Academia de Farmacia de Galicia. Foi Coordenador dos Cursos de doutorado ata a súa xubilación: 30/09/2008.  
Máis información en:
http://www.150facultadefarmacia.com/simal/cursushonorum-simal.pdf