Enrique Alvarellos Iglesias


Categoría: Músico, editor, profesor e escritor
Data de Nacemento: En 1931 (†2 de xuño de 2004)
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Foi asesor musical e colaborador da Enciclopedia Galega Universal. No campo do ensino, fundou en 1963 a "Academia Alvarellos" de Lugo cunha sucursal na Coruña, e en 1977 a "Editorial Alvarellos".

 Obras realizadas

Músico, editor, profesor de linguas clásicas e escritor, viviu en Lugo desde 1947 e nesa cidade desenvolveu todas estas facetas, un mundo que, ó traspasa-la barreira dos setenta, plasmou en Calendas Memorias. É autor, entre outros, de La Mecanografía en dos meses, recoñecido como texto oficial polo Ministerio de Educación e Ciencia en 1968; Botei Corenta Anos (1977), novela ambientada na súa infancia; o poemario Cen Anacos (1978); o ensaio Bandas de Música de Galicia -finalista do Premio de Investigación de Galicia 1987- e Mulleres Destacas de Galicia (1993), entre outros. Como músico, experto en Dirección Coral e Orquestra, é autor de ducias de composicións para polifonía e orquestra, entre as que podemos destacar: A Lanzada (1994); Bimilenaria (2000); A Nosa Misa (1991); Misa de Santa Cecilia (1993); Fisterra (1988)...

 Outros datos de interese

Foi membro correspondente da Academia Tiberina de Arte e Ciencias de Roma. Recibiu a Gran Cruz de Cabaleiro da Orde de San Jorge en Carintia (Italia) e posúe unha colección de máis de 300 máquinas de escribir antigas.