Xosé Manuel Olveira Gallardo


Pseudónimo:Pico
Categoría: Actor
Data de Nacemento: En 1955 ( † En 2013)
Lugar de Nacemento: Esteiro, Muros (A Coruña)
 Currículum

Actor de teatro desde 1972, participou en máis de trinta obras de numerosas compañías (grupo Ditea, CDG...). As catro primeiras producións cinematográficas nas que participou estaban dirixidas por Chano Piñeiro, abranguendo unha curta, unha mediametraxe e dúas longas. Participou nunha vintena de filmes a partir de mediados dos 80 aínda que foi tanto ou máis coñecido pola súa faceta humorística en programas como “O veciño do xoves” ou teleseries como “Pratos combinados”, ambas da TVG. Tamén traballou en radio e en publicidade. Foi nomeado presidente da Academia Galega do Audiovisual en 2009.

 Obras realizadas

FILMOGRAFÍA

• Somos xente honrada (2012)

• Tourilandia (2012)

• Simbad (2011)

• Romántica (2010)

• 18 comidas (2010)

• Fútbol de alterne (2010)

• Doentes (2010)

• Profesión actor (2010)

• Amor ansioso (2010)

• Os mortos van ás présas (2009)

• Cela 211 (2009)

• Retornos (2009)

• O Nordés (2009)

• Mar libre (2009)

• Chámome Rama (2009)

• Padre Casares (2008)

• Sombras na noite (2008)

• O espello (2008)

• A noite que deixou de chover (2008)

• O Apóstolo (2008)

• Air Galicia (2007)

• Zapping comando (2006)

• A canción de Fémerlin (2005)

• A vida que che espera (2004)

• Mar vermello (2004)

• A boa caligrafía (2004)

• Esperando (2004)

• Bobo Furcia (2002)

• A subela (2002)

• Entre bateas (2001)

• Xinetes na tormenta (2001)

• Un mundo de historias (2000)

• Blanca Madison (2000)

• Alzheimer (2000)

• A lingua das bolboretas (1999)

• Unha luz encendida (1999)

• Mareas vivas (1998)

• O cambio (2) (1997)

• Pratos combinados (1995)

• A todo tren (1995)

• Macana de dote, che (1991)

• Memorias dun parado (1991)

• Os outros feirantes (1989)

• Esperanza (1986)

• Os paxaros morren no aire (1977).

 Outros datos de interese

PREMIOS E RECOÑECEMENTOS

Nos Premios Mestre Mateo 2008 da Academia Galega do Audiovisual (entregados en 2009) recibiu o galardón de mellor interpretación masculina de reparto por “Os mortos van ás présas”. Por “Retornos” levou en 2011 o premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina de reparto. Recibiu o Premio Augusta ao mellor actor no Festival Internacional de Cinema Independente de Braga, Bragacine, polo seu papel protagonista en “Simbad”.