Cursou estudios superiores nas Facultades de Filosofía e Letras de Santiago e Salamanca, onde se licenciou en Filoloxía Clásica. Foi colaborador en temas culturais en Radio Nacional de España e realizou o traballo de normalización lingüística do rueiro municipal de Vigo. É profesor de Lingua Grega e Latina no IES “Alexandre Bóveda” de Vigo.
É autor dos seguintes libros: Vigo nalgúns dos seus topónimos (1990), editado pola Concellaría de Cultura do Concello de Vigo, Os nomes da Terra de Vigo (1996), Os nomes da Ría de Vigo I (1998), Os nomes da Ría de Vigo II (2000) e Os nomes da Ría de Vigo III (2004). Foi relator e coordinador de cursos para profesores, patrocinados polo Centro de Formación de Profesorado de Vigo e Pontevedra e conferenciante sobre toponomástica galega.
Fundou a Aula de Toponimia Galega e é socio fundador de Estudios Latinos e membro numerario fundador do Instituto de Estudios Vigueses, do que é director. Está en posesión do diploma de vigueses distinguidos.