Xosé Manuel Esperante


Categoría: Actor
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

FORMACIÓN: O monólogo e a escoita (Jesús Cracio), Taller para actores e guionistas (Manuel Martín Cuenca); Interpretación (Adan Black); Voz e expresión oral (Victoria Sanz); Prácticas escénicas (Amelia Ochandiano); Curso de Arte Dramática da Univ. de Santiago: Interpretación, Ortofonía e dicción, Esgrima teatral, Interpretación, Historia do teatro e Análise de textos dramáticos, A enerxía do actor (Joan Lopéz Comes); Interpretación (John Wright); Dicción e traballo do texto teatral para actores (F.Barreiros); Máscara neutra, presenza escénica e vocal (Mª del Mar Navarro); Accións físicas (Isabel Úbeda Puccini); Cabaret (Ángel Burgos); Inglés para actores (AISGE/Atlantic Group); Interpretación Audiovisual (Manuel Martín Cuenca), Prácticas de verso para actores (Beatriz Fuentes) e Interpretación cinematográfica (Iñaqui Aierra).

 Obras realizadas

Participou nas seguintes longametraxes: ‘Malas temporadas’ (2005), ‘Planes y lugares seguros’ (2004), ‘O ano da carracha’ (2003), ‘Mar adentro’ (2003), ‘O lápis do carpinteiro’ (2003) e ‘Ilegal’ (2002).
Fixo, entre outras, as seguintes curtametraxes: ‘El beso’ (2005), ‘Partidas’ (2005), ‘El Carnaval’ (2004), ‘La vida misma’ (2004), ‘Logos S.A.’ (2003), ‘Ordago’ (2003), ‘Equivócate’ (2003), ‘Ideas preconcebidas’ (2003), ‘A subela’ (2002, Premiado nos festivais de Elche, Girona e Noia), ‘Inútil’ (2001, Premio Chano Piñeiro á mellor curtametraxe de ficción 2002, Premio ó mellor actor da III Mostra de Curtametraxes Vila de Noia e Premio Eixo Atlántico á mellor curtametraxe de ficción do Festival de Cine de Ourense, 2002), ‘El show de Peter Keys’ (2001, primeiro premio do certame de curtametraxes ‘Monte da Condesa’ de Santiago) e ‘Los reyes del columpio’ (2002).
En televisión, actuou nas seguintes series: ‘El comisario’(2004 e 2006), ‘A vida por diante’ (2006), ‘Amar en tiempos revueltos’ (2006), ‘Terras de Miranda’ (2005), ‘Vientos de agua’ (2005), ‘Cuéntame como pasó’ (2004) e ‘Galicia Exprés’ (2000).
Como actor de teatro podemos destacar a súa participación, entre outras, nas seguintes obras: ‘¡Viva el teatro!’ de José Luís Alonso de Santos (2006), ‘El sastrecillo valiente’ (2006), ‘Antaviana’ de Pere Calders e Jaume Sissa (2006), ‘Seis personaxes á procura dun autor’ de Luigi Pirandello (2005), ‘El tuzaní de la Alpujarra o Amar después de la muerte’ de Calderón de la Barca (2005), ‘Ensayando Hamlet’ (2004), ‘Pallasos’ de Vicente Montoto (2004), ‘Erik Satie’ espectáculo teatro-musical baseado en textos e composicións musicais de Erik Satie (2003), ‘Matanza’ de Roberto Salgueiro (2003, Premio á mellor montaxe na Mostra de Teatro Escenia 2005 de Foios, Valencia), ‘As veces neva en Abril’ de Joao Seixas (2002), ‘Concerto’ de Manuel Lourenzo (2002), ‘O Retrato de Dorian Gray’ Oscar Wilde (2001), ‘La cabeza del dragón’(1999), ‘Peter Pan’ de J.M. Barrie (1998), ‘Trobador’ espectáculo de cantigas medievais (1998), ‘Concerto’ de Manuel Lourenzo (1998), ‘Pauto co demo’ de Anxel Fole (1997), ‘Comedia noxenta para mamá’ S. Witckiewicz (1998), ‘Ubú Rei’ de Alfred Jarry (1997) e ‘A velada espectral de Mr. Peabody’ de Manuel Lourenzo (1996).