Tras cursa-lo bacharelato artístico no Instituto Politécnico de Torrecedeira, asistiu á Academia de Cómic e Ilustración de Víctor Rivas e licenciouse en Belas Artes na Facultade de Pontevedra en 2004. Polo que respecta á súa actividade laboral, traballou como creativo e deseñador web na empresa Visual Publinet e ilustrou un libro de arteriopatías publicado por Povisa (2001), realizou fondos para o videoxogo Mayu para Imaxin Software (2002), ilustrou diversos manuais de instrucións de instalación de parqué e realizou fondos e deseños de algúns personaxes para o videoxogo ‘Vetas’ para Imaxin Software (2003), creou a animación para un spot animado da inmobiliaria Cambeses, levou a cabo a dirección artística, animación e deseño de personaxes do videoxogo ‘O mundo nas túas mans’ para Imaxín Software e a co-dirección artística, deseño e animación no videoxogo ‘El medallón de la fortuna’ (2004).
OBRAS:
Foi un dos creadores e editores do fanzine ‘Alopecia Mental’, colaborador das revistas ‘BD Banda’, ‘Barsowia’, ‘Dos veces breve’ e participante no álbum colectivo ‘H2Oil’.
-2000: Tres tiras dunha serie de funny animals de xénero cómico cotián chamada ‘Lucky Duckie’ no ‘Alopecia Mental’ nº2; ‘Limbo’, historia curta de corte fábulo-cómico-mitolóxica, ‘BD Banda’ Nº2; Historia Homenaxe a 13 Rue del Percebe, ‘Fanzine das Xornadas’, Ourense e Serie ‘Lúa’ de humor näif (Segunda etapa de ‘Golfiño’).
-2003: Serie ‘Niko Natas’ ó estilo Hanna-Barbera sobre un xenio malvado (segunda etapa de ‘Golfiño’), serie de xénero negro ‘Sam Reinhardt’ (‘BD Banda’, nº4), ‘Ulf e Olf’ serie de humor absurdo (‘Barsowia’), ‘Stereotöpffer: Noma wuarra’, historia cómica de homenaxe ás películas mudas (‘Barsowia’ nº1), ‘Stereotöpffer: Txapapott pointorg’ para o álbum colectivo ‘H2Oil’ e ‘Don Ninguén’, historia cómica muda (‘Fanzine das xornadas’).
-2004: ‘Lucky Duckie’ (con Víctor Rivas), historia de humor cotián (BD Banda), ‘Te visitará la muerte’, ambientada nunha Romanía ficticia e de xénero humorístico, negro (Dos veces Breve, especial Galicia) e portada e historieta sen título, de amores invernais (Fanzine das Xornadas).
EXPOSICIÓNS:
-2003: Antoloxía do publicado no festival de BD de Cangas e ‘H2Oil’ no festival de BD da Coruña.
Foi galardoado co 3º premio do I Salón do Cómic de Vigo na Categoría Infantil, coa historia de corte superheróico/político ‘Parade a guerra’ (1995), co primeiro premio no concurso de Banda Deseñada de Ourense na categoría B (18 a 22 anos) pola historia ‘O que non se ve’ homenaxeando ás producións de Disney (2001) e co 3º premio no mesmo certame, categoría B, pola historia ‘Soviet’ que mestura a ficción histórica co costumismo (2003).