Manuel Suárez Varela


Pseudónimo:Nolo Suárez
Categoría: Artista
Data de Nacemento: 12 de outubro de 1953
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela

Opinión
 Currículum

Realizou estudios na Escola "Mestre Mateo". Logo fixo cursos e participou en talleres de debuxo, pintura e gravado.

 Obras realizadas

Desde os anos 80 expón frecuentemente, tanto de forma individual como colectiva en galerías, salas de arte, pubs, etc. Expuxo nos pubs: "Modus Vivendi", "Paraíso Perdido", "As Crechas", "Curruncho", "Patacós"... Expuxo tamén nas salas de exposicións: "Caixa Postal Ateneo" de Ourense e Vigo, Casas de Cultura de Noia, Malpica, Oleiros, Fisterra e Corcubión, no "Museo do Pobo Galego", "Museo Ramón Aller", "Fundación Sotelo Blanco"... e nas galerías "Arracada", "Trinta", "Sargadelos", "Dársena", "Obelisco", "Citania", etc. Realizou as seguintes exposicións: "A memoria do tempo", "Pontes, ríos, muíños", "Dende o mar", "Costa da Morte", "Faros, Mar, Torres no Ar", "Escrita na pintura", "Música na Pintura", "Compostela", "Auga e pedra", "Humidades Pétreas", "Reflexións na Paisaxe", "Presencia Animal", "Arredor do Barro", "Arredor da auga", "Terra, Auga, Luz, Ar", "As 4 estacións", "Referentes", "Rotacións", "Achegamentos", "Fragmentos", "Traer o mar a Compostela" e "Entre augas".

 Outros datos de interese

Participou e participa en diversos colectivos de arte e cultura: Colectivo "Anduriña", colectivo "Anakos", Asociación Cultural "O Galo"...