Xosé Manuel Domínguez Prieto


Categoría: Profesor e escritor
Data de Nacemento: En 1962
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Opinión
 Currículum

É doutor en Filosofía. Ocupou os seguintes postos: Profesor agregado de Filosofía de Ensino Medio, profesor invitado da Universidade Católica de Asunción (Paraguai), profesor-titor de Historia da Filosofía Antiga, Medieval, Moderna e Contemporánea na UNED (Ourense) e profesor de Filosofía no Instituto Superior de Ciencias Relixiosas "San Agustín". Ten impartido numerosos cursos de Antropoloxía e Ética na Universidade de Burgos, Asunción (Paraguai), así como no "Proxecto Home" a nivel nacional. Tamén imparte asiduamente cursos de "Introducción á Bioética" convocados polo Complexo Hospitalario de Ourense/Servicio Galego de Saúde. É conferenciante habitual no ámbito educativo e filosófico.

 Obras realizadas

É colaborador semanal nas páxinas de O Correo Galego, así como nun espacio radiofónico de "Onda Cero" (Ourense). Colaborou tamén, durante cinco anos, en La Región. Publicou artigos e recensións en "Acontecimiento", "Encrucillada", "Guía dos libros novos", "Nous", no xornal La Voz de Galicia e, máis ocasionalmente, en revistas especializadas sobre antropoloxía, ética e bioética. Publicou os seguinte libros: Sobre a alegría, Espiral Maior, 1995; Alén da libido. Do sexo á sexualidade, Espiral Maior, 1998; Unha ética da economía. Da ética neoliberal á ética personalista, Edicións do Castro, 1999; Joaquina de Vedruna, Monte Carmelo, 1999; Fons societatis, Liceo de Ourense, 2000; Historia da Filosofía, (en coautoría con Moisés Lozano e Manuel Rivas), Mc Graw Hill Galicia, 2001; La revolución personalista y comunitaria en Mounier, Editorial Mounier, 2002 e Emmanuel Mounier, Bahía, 2002. Tamén participou en diversas obras colectivas como Diccionario de Pensamiento Contemporáneo, Ser cristiano en el siglo XXI, Castelao no seu tempo e Actas das Xornadas sobre Eladio Rodríguez González.

 Outros datos de interese

Foi galardoado co 1º premio "Espiral Maior de Ensaio" polo libro Alén da libido. Do sexo á sexualidade e co "I Premio Liceo de Ourense de ensaio" (2000) coa obra Fons societatis.