Xose Manuel Castro Alba


Categoría: Crego
Data de Nacemento: 13 de marzo de 1973
Lugar de Nacemento: Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
 Currículum

Naceu en Pedrafita do Cebreiro o 13 de marzo de 1973. En 1986 ingresa no Seminario Diocesano de Lugo, onde realiza a licenciatura en Estudios Eclesiásticos, para acabar ordenándose sacerdote o 26 de xullo de 1998. En setembro foi destinado á parroquia da Milagrosa de Lugo, onde xa exercera ás prácticas pastorais coma diácono o curso anterior.

Na facultade de Comunicación da Universidade Pontificia de Salamanca realiza cursos de prensa escrita, producción radiofónica, televisión e Internet. Animado pola súa aficción ó mundo da comunicación, da informática e das das novas tecnoloxías da información realiza un Máster en Comunicación nesta mesma Universidade o ano 2000.

En setembro de 1999 recibe o nomeamento de Coordinador do Secretariado Diocesano de Medios de Comunicación Social, con funcións de Xefe de Prensa do Bispado de Lugo, compatibilizando esta laboura coa de administrador parroquial de tres parroquias do concello de Friol: Santiago de Trasmonte, San Paio de Seixón e Santiago de Miraz. Posteriormente, en novembro do ano 2000, faise cargo tamén das parroquias de Santa María de Vicinte e San Vicente de Candai, en Outeiro de Rei. En 2005 pasa a ser Director do Secretariado Diocesano de Medios de Comunicación Social do Bispado. Neste momento atende pastoralmente as comunidades parroquiais de Vicinte e Candai exclusivamente ata novembro de 2010, data na que se converte en párroco de San Martiño de Torre é administrador parroquial de O Salvador de Piñeiro, O Salvador de Vileiriz, San Xoán de Friolfe e San Mamede da Ribeira, no concello de O Páramo.

Este novo destino pastoral non lle impide seguir coas labouras comunicativas no Bispado, onde actúa agora como Delegado Episcopal de Medios de Comunicación Social e Consiliario de COPE-LUGO, nomeamento que recibirá en novembro de 2008.

Ademáis de coordinar a Delegación de Medios da diocese e de asesorar en comunicación e informática a sacerdotes, é redactor e maquetador do Boletín de Noticias “A Nosa Voz”, técnico de son no programa “Igrexa en Lugo” e Igrexa entre Liñas”, de COPE-LUGO e creador, deseñador e encargado de mantemento da páxina web da diocese de Lugo. En 2011 introduce nas redes sociais al Obispado, xestionando as páxinas de Facebook, Twiter, Google+, Foursquare e outras... converténdose Community Manager desta institución, co grao de máster obtido na Cámara de Comercio e xestionado pola empresa “Creativa Total”.

No eido social, é voluntario de Cáritas Diocesana de Lugo, onde colaborou da realización de actividades de tempo libre no Departamento de Infancia e Xuventude. Dispón da titulación de Monitor de Actividades de Tempo Libre (ano 1995) e Director de Actividades de Tempo Libre (ano 2004). Neste ámbito, en 1996 colaborou coa Federación de Escuelas de Educadores en el Tiempo Libre na organización en Lugo do III Congreso Internacional “Hacia una sociedad participativa  y solidaria. Nuevos Modelos de Participación Social. Actualmente segue vinculado a Cáritas como voluntario no Programa de Emprego e responsable de contidos da web institucional.