Xosé Mª Lema Suárez


Categoría: Profesor y escritor
Lugar de Nacemento: San Amedio de Bamiro - Vimianzo, Terra de Soneira (A Coruña)
 Currículum

Tras estudia-lo Bacharelato, cursou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en Xeografía e Historia en 1974 coa tese de licenciatura Notas sobre el arte en Baio (Soneira) y sus entornos. En 1991 presentou a tese de doutoramento A arte relixiosa no arciprestado de Soneira. De 1979 a 1992 traballou como profesor de Formación Humanística nos institutos "Marqués de Suanzes" (Ferrol) e "Antón Losada Diéguez" (A Estrada). Durante o curso 1991-92 traballou como profesor asociado no Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago. Desde Agosto de 1992 é catedrático de Xeografía e Historia de Ensinanza Secundaria, exercendo na actualidade no Instituto "Antón Losada Diéguez" da Estrada.

 Obras realizadas

Xosé Mª Lema é autor dunha extensa obra, así como de numerosos artigos de historia, historia da arte, etnografía, lingüística, onomástica, etc. Estes son algúns dos seus libros máis destacados: Bamiro: un estudio do hábitat rural galego (1977), Lúa Nova-5 (1980), Lingua Galega-1º FP-1 (1982), Lingua Galega-FP 1º grao (1985), Historia do C.D. Baio e da Liga da Costa (1989), A Arte Relixiosa no arciprestado de Soneira (desde o 1500) (1992), A Arte Relixiosa na Terra de Soneira (1993, 1ª edición), Enrique Labarta Pose. Contos (1995), Un novo documento de Don Juan Antonio Posse: a 'Plática Tercera' (1838) (1998), O castelo de Vimianzo e os Moscoso de Altamira (1998), Arquitectura megalítica na Costa da Morte (antas e mámoas) (1999), Os mellores pazos da Costa da Morte (2001), Os faros da Costa da Morte (Galicia) (2001), Caminando entre dólmenes: arquitectura megalítica en la Costa da Morte (Galicia) (2002). Ademais, colaborou con outros investigadores nas seguintes publicacións: "Vocabulario Galego-Castelán" do Diccionario Enciclopédico Argos Vergara. Vocabularios Catalán, Euskera, Gallego, Portugués (1984), versión galega do Diccionario Básico Ilustrado Español-Inglés-Gallego (catro volumes), Diccionario Xerais da Lingua (1993), Pequeno Diccionario Xerais da Lingua (1999), Diccionario Xerais Castelán-Galego de Usos, Frases e Sinónimos (1990), Gran Diccionario Xerais da Lingua (2000), Edigal-Galego. Primeiro método audiovisual para a aprendizaxe da lingua galega (1985), Diccionario dos Nomes Galegos (1992), O teu nome (1994) e Novo Diccionario Xerais da Lingua (2002).

 Outros datos de interese

É membro da Real Academia Galega, da Sección de Etnografía e Folclore do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Galegos, da mesa de redacción da revista "Encrucillada", da Asociación Internacional de Estudios Galegos, da Asociación de Traductores Galegos e da Asociación Galega de Onomástica.