
CurrículumEstudiou Maxisterio e impartiu clases en Ourense, A Coruña e Madrid. Colaborou en diferentes xornais e revistas como La Región, Galicia, Faro de Vigo, Vida Gallega, Nós, etc. Ó comezar a Guerra Civil tivo que abandonar o corpo de Maxisterio e dedicouse á ensinanza privada en Ourense.
Obras realizadasEn 1933 publicouse o seu libro de poemas en galego Fírgoas. Desde o comezo da Guerra Civil non publicou nada máis excepto a súa participación con algúns poemas no tomo IV de Escolma de poesía galega e outras colaboracións.
Outros datos de intereseEn 1979, La Región publicou unha reedición dos seus poemas, algúns inéditos.