Sonia Verdes Gil


Data de Nacemento: 8 de outubro de 1973
Lugar de Nacemento: Feira do Monte, Cospeito (Lugo)
 Currículum

Licenciada en Veterinaria pola USC (1991-1996).
Dende 1997 exerce a súa profesión por conta propia como veterinaria clínica na zona de A Terra Chá.

 Obras realizadas

Participación Política:
Xaneiro 2000: Afiliase a Xuventudes Socialistas, integrándose nas Xuventudes Socialistas de Vilalba que se crean o 7 de xaneiro de 2000.
Xaneiro 2000 – outubro 2004: Secretaria de Medio Ambiente das Xuventudes Socialistas de Vilalba.
2001: Candidata do PSdeG-PSOE pola provincia de Lugo nas Eleccións Autonómicas do 21 de outubro.
2003: Candidata do PSdeG-PSOE en Vilalba nas Eleccións Municipais do 25 de maio.
Xullo 2004: Afiliase ao PSOE.
Dende finais do 2004 forma parte da Executiva Local da Agrupación do PSdeG-PSOE de Vilalba, sendo a Secretaría de Igualdade.
Maio 2007: Forma parte da candidatura do PSdeG-PSOE en Vilalba nas Eleccións Municipais do 27 de Maio.
27 de Maio de 2007, tras as Eleccións Municipais, Concelleira do PSdeG-PSOE no Concello de Vilalba.
Marzo 2008: Forma parte da Candidatura ó Senado pola provincia de Lugo nas eleccións xerais que se celebraron o 9 de Marzo de 2008.
Dende Xullo de 2008 forma parte da Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG-PSOE, ocupando unha vogalía.