Foi alumno da Escola de Altos Estudios Mercantís da súa cidade. Pertence á chamada "Xeración das Festas Minervais". Autor dunha extensa obra poética de importancia recoñecida en varios estudios e antoloxías. Foi fundador do grupo "Amanecer", nos anos 50. Colaborador en diversos libros colectivos e revistas ("Dorna", "Clave Orión", "A Xanela", etc). Tamén participou en numerosos recitais. Durante vintecinco anos, foi redactor do xornal coruñés La Voz de Galicia, onde, entre outras funcións, levou a cabo un imporante labor como crítico literario.
OBRA PUBLICADA:Memoria dun silencio, Edicións do Castro, Sada - A Coruña (1982). Fértil corpo do soño, accésit do Premio Esquío (1985). Restauración dos días, Sotelo Blanco, Colección Leliadoura (1986). As voces consagradas, accésit do premio "González Garcés", Deputación da Coruña (1992). As doazóns do incendio, Sotelo Blanco. Leliadoura, (1993). Rigorosamente humano, premio "Esquío" (1994) e Luz de facer memoria, Premio "González Garcés" e Premio da Crítica do ano 1999. En castelán: Desnudo en barro (1983) e Cenizas en el Salmó (1985).