Manuel Mondelo foi un recoñecido empresario galego. Foi o fundador da empresa Bolsos Framan, empresa dedicada á fabricación e venda de bolsos. Pioneiro e líder no sector en Galicia, alcanzou gran renome e foi coñecido como o rei dos bolsos durante varias décadas. Personalidades e famosos eran clientes habituais nos seus establecementos comerciais.
Deseñador e empresario, Manuel Mondelo foi unha persoa moi querida na Coruña polo seu carácter innovador e traballador así como pola súa bondade e xenerosidade.
Os seus deseños vendíanse en prestixiosas tendas de ámbito nacional e en todos os establecementos de El Corte Inglés.
Varios premios Masterd en calidade e deseño acreditan a súa traxectoria.
Manuel Mondelo foi o pioneiro en facer os bolsos por encargo segundo os gustos do cliente, que podía elixir os materiais, terminacións, apliques e cores, de forma que cada bolso era único e exclusivo.
Esta capacidade de adaptación do produto ao cliente foi a clave do éxito empresarial de Manuel Mondelo, este servizo atraía aos fashionistas da época en busca de exclusividade e calidade.
Na actualizade, os seus descendentes manteñen negocios no mundo da moda e seguen creando e deseñando bolsos, marroquinaría e complementos.