Licenciado en Filosofía e Letras en Santiago, foi durante moitos anos profesor de Lingua e Literatura Española no Instituto das Lagoas. Foi gran amigo de Vicente Risco. Estivo moi unido ó Ateneo, á Alianza Francesa (que presidiu en 1977) e á revista "Trevo" do Instituto das Lagoas, que fundou e dirixiu desde 1982. Foi, sobre todo, dramaturgo, narrador e crítico literario.
Da súa obra en galego cabe destaca-lo drama Eilbrief (premio do I Concurso de obras teatrais de Abrente), a peza Os cazadores de dotes (Posío, 1954) e relatos breves como O cazador de paxaros (Vieiros, 1965). As súas obras de teatro reuníronse en 1992 en Edipo abandonado y otras farsas (Deputación de Ourense), tres pezas de teatro breve, tres dramas breves, dúas traxedias e un misterio mariano. Catro años despois apareceu El descielo y otras historias, que agrupa catro novelas en castelán: Historias de Finisterre (1947), Los años del potro (1949), Crisópolis (1956) e El descielo (1957).