María Tasende


Categoría: Actriz
 Currículum

Comeza a súa andaina como actriz na EXB e bacharelato, formando parte dos grupos de teatro do Colexio Público Bergantiños e do Instituto Alfredo Brañas de Carballo. Posteriormente, cursa arte dramático en Madrid con Cristina Rota e con John Strasberg en Nova York. Así mesmo cursa estudios de danza, canto, música, cine e escritura dramática entre os anos 2001 e 2012.

A súa carreira profesional desenrólase tanto no campo teatral como no cinema e televisión.

En cinema participa en películas como “Os Fenómenos” de Alfonso Zarauza, “O Ouro do tempo” e “Rafael” de Xavier Bermúdez, “Retornos” de Luis Avilés, entre outros traballos. No ano 2010 acada o premio a mellor actriz no Festival Internacional de cine de Ourense pola curtametraxe “Illa Pedra”.

En teatro participa en diversas montaxes, entre elas, “La katarsis del Tomatazo” del Centro Nuevos Creadores en Madrid e “Estigma” do Centro Dramático Galego.

En televisión participa en varias series e TV movies tanto a nivel autonómico como nacional, tales como “Matalobos”, “Padre Casares”, “Eduardo Barreiros”, “Os Atlánticos”, “Sinbad”, “O faro”, “Aída”, “Los Serrano” ou “Acacias 38”, na que actualmente está traballando.

 

Formación Artística:

2006-2013. Cursos intensivos con John Strasberg (Nova York e Madrid).

2001-2005. Cursos con Cristina Rota (Madrid).

Cursos con Fernando Piernas (Módulos 1 e 2).

Danza Contemporánea con Mónica Runde e Chevi Muraday (2001-2005) e con Mónica García (2013).

Danza Jazz con Chevi Muraday (2001-2005).

Danza Afro con Eliane Capitone (2001-2005).

Voz e canto con Mónica de Nut (2012) e Lidia García (2005).

Guitarra e piano con Pedro del Monte (2012-2013).

Esgrima con Nacho Fernández (2001-2005).

 Obras realizadas

CINE

2012. 'Os fenómenos'. Longametraxe. Alfonso Zarauza, Zircozine. Reparto.

2012. 'O ouro do Tempo' Longametraxe. Xavier Bermúdez. Reparto.

2012. '9 Ondas'. Longametraxe. Simone Saibene, 9 Ondas Produc. Reparto.

2011. 'Sinbad'. Longametraxe. Antón Dobao, Ficción Produccións. Reparto.

2010. 'Illa Pedra'. Curtametraxe. Adriana Páramo, Illa Produc. Protagonista. Premio á Mellor Actriz no Festival Internacional de Cine de Ourense, 2010.

2009. 'Retornos'. Longametraxe. Luís Avilés, Vaca Films. Reparto.

2007. 'Rafael'. Longametraxe. Xavier Bermúdez, Xamalú Films. Secundario.

2006. 'De mano en mano' Curtametraxe. José Serrano. Protagonista.

2004. '20 centímetros' Longametraxe. Ramón Salazar. Corpo de baile.

2004. 'Bailad para mí' Curtametraxe. Roberto Pérez Toledo. Co-protagonista.

 

TELEVISIÓN

2015. 'Acacias 38'. Serie. Grupo Boomerang e TVE. Secundario.

2013-2014. 'O Faro'. Serie. Grupo Forta e Zenit Tv. TVG. Secundario.

2010. 'O Henry Ford Español'. Tv movie. Continental Produc. Reparto.

2009-2010. 'Matalobos'. Serie. Voz Audiovisual. TVG. Secundario.

2008. 'Padre Casares'. Serie. Voz Audiovisual. TVG. Secundario.

2008. 'O Clube da Calceta'. Tv Movie. Ficción Produccións. TVG. Reparto.

2007. 'Os Atlánticos'. Serie. Filmanova. TVG. Reparto.

2007. 'Los hombres de Paco'. Serie. Globomedia. Episódico.

2006. 'Aída'. Serie. Globomedia. Episódico.

2005. 'Maridos e mulleres'. Serie. Zenit TV. TVG. Reparto.

 

TEATRO

2013-2014. 'Ocupa Madrid', Perros de LLuvia, La Cantera Teatro. Protagonista.

2008. 'Estigma'. Centro Dramático Galego. Protagonista.

2004-2008. Mara-Bunta Teatro. Diversas montaxes. Protagonista e Reparto.

2006. 'La Cruel Casandra'. Compañía Metatarso. Protagonista.

2001-2005. 'La Katarsis del Tomatazo'. 'Centro de Nuevos Creadores'. Diversas montaxes. Protagonista, Reparto e Bailarina.

 Outros datos de interese

Licenciada en Administración e Dirección de Empresas, pola Universidade Europea de Madrid (2000).

Aficiones: Danza, equitación, buceo, patinaxe artístico, escritura, fotografía e música.

Idiomas: Castelán e galego, linguas maternas. Inglés: Nivel alto. Portugués: Nivel intermedio. Francés: Nivel Básico.