Xosé Luis Freire Rodríguez


Categoría: Músico
Data de Nacemento: En 1952
Lugar de Nacemento: Arcos - Outeiro de Rei (Lugo)
 Currículum

Formou parte do grupo “Fuxan Os Ventos” desde 1974 (voz, guitarra, baixo e acordeón) co que gravou seis discos: Fuxan Os Ventos (Philips-Fonogram, 1976), O Tequeletequele (Philips-Fonogram, 1977), Galicia canta ó neno (Philips-Fonogram, 1978), Sementeira (Philips-Fonogram, 1979), Quen A Soubra Cantar (Ruada, 1981), Noutrora (Fonomusic, 1985) e Sempre e mais despois (Fonomusic, 1999). Durante dous anos (1981-1983) foi xefe de promoción de Ruada S.A., primeira discográfica galega. Despois de pasar por RNE como técnico de son, incorporouse á posta en marcha da Radio Autonómica Galega (1985) da que foi o primeiro xefe de emisións e, posteriormente, realizador de programas e director de programas musicais.

 Obras realizadas

Foi coautor do libro Galicia canta ó neno (unha escolma de música popular do Nadal Galego) e publicou, durante algo máis de un ano, unha viñeta de humor diaria no xornal O Correo Galego co pseudónimo “Dacolá”.