Estudiou Arquitectura Técnica e exerce de concelleiro no seu concello natal. É membro do Consello Nacional e da Permanente do BNG desde a súa formación (pertence ó colectivo socialista integrado no BNG). É deputado do BNG, accedeu ó Parlamento de Galicia na III lexislatura e foi portavoz do seu grupo na Comisión de Pesca.