Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, realizou tamén estudios de Ciencias Relixiosas. Doblador e profesor de ensinanza media no IES A Piringalla, tamén imparte cursos de galego administrativo, iniciación e perfeccionamento. É membro fundador do grupo vocal “Sólo Voces”, co que gravou dous CDs.
Presentou e dirixiu programas en Televisión Lugo como “A carón da lúa”, “Lucus que Augusto” e “Lugo de verán”. Foi colaborador de Radio Lugo e actualmente colabora con Radio Popular de Lugo. Participou como actor e cantante no vídeo “Memoria de Rosas” e como cantante en “Leda vai a nao”. Ademais de colaborar como asesor lingüístico en diversas publicacións, tamén escribiu diversas narracións curtas e efectuou numerosas actuacións como cantor e intérprete de gaita e guitarra.