Ricardo Timiraos Castro


Pseudónimo:O Toliño
Categoría: Profesor e escritor.
Data de Nacemento: 6 de decembro de 1946
Lugar de Nacemento: Viveiro (Lugo)
 Currículum

É profesor de Educación Primaria, labor que desempeñou en Galicia e actualmente realiza en Madrid. É ex-directivo do Centro Galego de Madrid, membro fundador do Seminario "Terras de Viveiro" e "Sementeira" (Viveiro). Participou nas tertulias literarias de Madrid en Arty-Bar, Rincón del Arte Nuevo, Cervecería "Alemana", Café de las letras... nos anos 80.

 Obras realizadas

Colaborou en diversas publicacións periódicas como "Vivencias", "Sementeira"..., nos xornais El Progreso e La Voz de Galicia e no semanario viveirense El Heraldo desde hai 35 anos. Tamén realizou recitais en radio, TVG... Publicou os seguintes libros: Primavera 81 - Voces de hoy (VV.AA., 1981), Cereixiñas do Orballo (1982) poemas galego-casteláns. O bicho da pontiga (1995) sainete basado na lenda popular existente na praia de Area-Viveiro (Lugo); e Se deus se namorase (1999).

 Outros datos de interese

É membro da Sociedade de Autores de España e autor da letra da canción "O cocho cativo", con música de Manuel Amor (inédita).