É doutor en Filosofía e Ciencias da Educación (1980) e premio extraordinario (1983). É profesor das materias de Educación Permanente, Educación de Adultos e Teoría da Educación. Foi docente en distintos cursos de doutoramento no departamento de Teoría e Historia da Educación e noutras universidades de España, Portugal e Latinoamérica. Foi invitado a participar en masters e Cursos de Posgrao por diferentes universidades de Francia e Portugal. Foi director do departamento de Pedagoxía Sistemática (1984-86), presidente da sección de Pedagoxía (1987-1993) e desde 1997 é director do departamento de Teoría e Historia da Educación. Ten sido membro do claustro universitario e de distintas comisións (cultura e programas de estudio) en distintas etapas. Foi membro fundador e presidente (1990-2000) do "Grupo 90" de investigación de persoas adultas. Tamén tivo ó seu cargo a coordinación de programas europeos (Erasmus-Tempus) e de América Latina (Intercampus).
Publicou as seguintes obras: Sociopsicoanálisis y Educación (1984); Educación e Sociedade en Ourense (coord.) (1985); Educación de adultos nunha sociedade en transformación (coord.) (1994); Política de Educación de adultos (coord.) (1994); Alfabetización funcional en Galicia (coord.) (1997) e Educación permanente y Educación de adultos (2002). Publicou tamén diferentes capítulos de obras colectivas e artigos en revistas nacionais e internacionais.
É membro do Consello Escolar de Galicia en representación da Universidad de Santiago de Compostela e pertence ó comité de redacción da Revista Interuniversitaria de Teoría da Educación.