Xosé López García


Categoría: Xornalista e profesor
Lugar de Nacemento: Cirio – Pol (Lugo)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e doutor pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou nas redaccións de A Nosa Terra, El Ideal Gallego e La Voz de Galicia, entre outros medios. En La Voz de Galicia foi delegado en Santiago. Actualmente é profesor no Departamento de Ciencias da Comunicación da Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Imparte docencia sobre Comunicación e Información Escrita e sobre Ciberxornalismo. Ocupou o seu decanato na Facultade de Ciencias da Comunicación.

 Obras realizadas

Publicou os seguintes libros: Detrás da prensa popular, Sea, Santiago, (1995), A reportaxe de prensa en Galicia, Sea, Santiago, (1998), Comunicación e Información Escrita, Sea, Santiago, (1999), El Catón Compostelano. Estudios (Coord.), Consello da Cultura, (2000) e Nuevas tendencias del periodismo electrónico (Coautor), Saverde Ediciones (2003).

 Outros datos de interese

É membro do Consello da Cultura Galega e coordinador da sección de Comunicación.
Ademais, é vicepresidente para a xestión das novas tecnoloxías da
información.