Amador Iglesias Soto comezou os estudios eclesiásticos no Mosteiro de Samos, seguiu no Seminario Conciliar de Lugo, onde foi ordenado sacerdote en 1925, e ampliounos licenciándose en Dereito Canónico en Santiago de Compostela. Unha vez concluídos os estudios foi cura en varias freguesías da diocese lucense, sendo finalmente destinado a Becerreá.
Desde moi novo sentiu gran afección pola poesía, sendo un colaborador habitual da presa galega. Foi autor das seguintes obras: Adiós Santiago (unha despedida poética a Compostela), Legión de Honor (publicada en Lugo en 1924 baixo o pseudónimo de El Vate Ignoto. Trátase dunha composición arranxada para unha velada misional), Versos Albores de un Estro (publicada en Lugo en 1925 baixo o pseudónimo Assiegi Toiso), Rimas Españolas e Cantaruxando (publicada en 1930; trátase dun poemario de 28 páxinas que dedicara ós emigrantes de Galicia na Habana e Madrid). Na obra de Amador Iglesias Soto, obsérvase un constante cariño e recordo ós galegos ausentes, emigrados a Iberoamérica, Madrid, Bilbao, Barcelona ou calquera outra cidade, el tenos presentes nos seus poemas.