David Pernas Lázaro


Categoría: Actor
Data de Nacemento: 8 de xuño de 1968
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Fórmase  en distintas disciplinas actorais cos seguintes mestres:
Clown: Johnny Melville (2004); Carlo Colombaion (2000, 2003, 2004, 2005 e 2006); Jango Edwards (2002); Eric de Bont (1998); Joseph Collard (2005) e Antón Valén (1999).
Mimo: Blanca del Barrio (2005).
Acrobacia cómica: Andrés del Bosque (2002).
Magia: Pablo Muñoz (2004).
Comedia: Leo Bassi (2005), Carlo Bosso (2006).
Movemento: Norman Taylor (1999).
Idiomas: castelán, galego-portugués, inglés (básico) e francés (básico).

 Obras realizadas

TEATRO:
Actor dende 1992. Dende 1995 dirixe a Compañía do Trinke Trinke de teatro infantil, coa que realiza actividades de animación á lectura en Bibliotecas de Galicia cos seus personaxes “Os ratos da Biblioteca”.
O Concello de Cambre, onde David Pernas encarna ao “Moucho Leroucho” (condutor das actividades de animación á lectura), recibe no 2002 o 3º Premio Nacional outorgado polo Ministerio de Cultura e a FEMP para actividades deste tipo.
Trinke Trinke, ten realizado varias montaxes teatrais coa Orquesta Sinfónica de Galicia para a promoción da música sinfónica entre o público infantil: “Roque e os Pitiflautas” (1997), “O Gatipedro” (1998 e 2000) e “A princesa e a Pardela” (1999).
En 2006 estrea “Os soños na gaiola”, obra de teatro inspirada no libro do mesmo título de Manuel María.
Clown da Compañía de pallasos “Os Colombaíños”, na que actua no seu primeiro espectáculo do mesmo título, dirixido por Carlo Colombaioni.
Actor en “O Coelliño Branco Rebranco”, Danthea Teatro (2000).
“As Aventuras do Príncipe Sincaldo e as  Burbullas de Xabrón” (pasarrúas), Trinke Trinke (1997).
“Os Leriantes”, Trinke Trinke (1998).
AUDIOVISUAL:
Protagonista da curta dirixida por Javier Cea, O peso do fume (2006).
ANUNCIOS PUBLICITARIOS EN TV:
“Fénix buen conductor”. Productora The Family. Madrid, 2005.
Supermercados FROIZ. Lúa Films. A Coruña, 2003.
PUBLICIDADE: Director teatral da campaña publicitaria de Caixa Nova ‘NX’ (2004).

 Outros datos de interese

DOCENCIA: Imparte cursos sobre os recursos expresivos e dramáticos aplicados ao ensino, para distintos centros de formación do profesorado de Galicia, (Vigo 2006, A Coruña 2003 e 2005, Ferrol 2004, Xunta de Galicia 2005 e Asociación Socio- pedagóxica Galega 2003). Ponencia na Universidade da Coruña, Facultade de Ciencias da Educación: “Teatro de animación para animación á lectura” (2005).