Xosé - Lois Armada Pita


Lugar de Nacemento: Cariño (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciado en Humanidades (1999) e doutor (2005), en ambos casos con Premio Extraordinario, pola Universidade da Coruña.

A súa tese, “Formas y rituales de banquete en la Hispania indoeuropea”, foi dirixida por Víctor Alonso e Ricardo Olmos e obtivo sobresaliente cum laude e Premio Extraordinario.

Foi investigador posdoutoral no Departamento de Arqueoloxía da Universidade de Durham (2006-2008) e no Instituto de Ciencias de Patrimonio do CSIC (Incipit) (2008-2012). Actualmente é Marie Curie Research Fellow en UCL Institute of Archaeology (Londres).

É o investigador principal do proxecto Atlantic Late Bronze Age interaction through metal hoards (ALBIMEH) (IEF Marie Curie, 7th EC Framework Programme). Con anterioridade fio investigador principal do proxecto 'Do obradoiro ó corpo: o metal como expresión de poder na protohistoria do Noroeste peninsular' (2010-2012, Programa de Promoción Xeral da Investigación, Xunta de Galicia) e co-director do programa de investigación 'El Calvari del Molar y el área minero-metalúrgica Molar-Bellmunt-Falset en la protohistoria' (2001-2012, Generalitat de Catalunya), así como das excavacións no xacemento de Calvari del Molar (Priorat, Tarragona).

Participou e participa en outros proxectos, tales como 'Plata prerromana en Cataluña, Archives of European Archaeology' (AREA), 'El factor minero en el desarrollo histórico de Cataluña meridional: de la Prehistoria a época medieval' ou 'Programa de investigación en tecnologías para la conservación y revalorización del Patrimonio Cultural'.

Formou e forma parte dos comités de redacción de varias revistas e coleccións de monografías seriadas como 'Traballos de Arqueoloxía e Patrimonio' (TAPA), 'Cadernos de Arqueoloxía e Patrimonio' (CAPA), 'Revista d´Arqueologia de Ponent y Anaina'.

Tamén co-organizou congresos e reunións científicas, entre os que se atopan 'Western Europe in the First Millennium BC: Crossing the divide' (2007), 'Patrimonio histórico-cultural da Serra da Capelada: investigación e posta en valor' (2008) ou 'Del taller al cuerpo: el metal como expresión de poder en la protohistoria del Noroeste' (2012).

 Obras realizadas

Publicou máis de 100 títulos sobre temas de patrimonio e arqueoloxía, entre artigos en revistas científicas, capítulos ou partes de libros, reseñas, publicacións de divulgación... É co-editor científico dos libros 'Contacto cultural entre el Mediterráneo y el Atlántico (siglos XII-VIII ane). La precolonización a debate' (EEHAR-CSIC, 2008), 'Atlantic Europe in the first millennium BC: Crossing the divide' (Oxford University Press, 2011) e 'O xacemento de Santa Comba e a minería de Covas. Investigacións recentes' (Embora, 2015).