Celso Rodríguez Fernández


Categoría: Profesor e investgador
Data de Nacemento: 31 de Outubro de 1952
Lugar de Nacemento: Outomuro (Ourense)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciado en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1976. Doutor en Matemáticas pola mesma Universidade en 1980. Profesor axudante (1976-81) e Bolseiro do Plan Nacional de Formación de Persoal Investigador (1977-80). Profesor Adxunto Interino (1981-82). Profesor Adxunto Numerario de Álxebra desde 1982. Dende 1982 é Profesor Titular de Universidade (Álxebra). Coordinador de Matemáticas de COU (1988-90) . Director do Colexio Maior Rodríguez Cadarso (1989-90). Decano da Facultade de Matemáticas (1990-1994). Vicerrector de Estudiantes (1994-95). Vicerrector de Ordenación Académica e Titulacións (1995-...) Diploma de Estudios especializados en Dirección Estratéxica de Universidades pola UPC.

 Obras realizadas

Participou como Investigador ou Investigador Principal en diversos proxectos subvencionados. Na actualidade é Coordinador dun Proxecto INTAS da UE. Publicou diversos traballos de investigación. Profesor invitado pola Universidade de Rennes I en 1992. Asesor para a Reforma Curricular da Universidade Nacional San Luis Gonzaga de ICA-PERÚ. Pronunciou diversas conferencias sobre o Sistema Universitario Español e Europeo, Avaliación e Calidade e Dirección Estratéxica de Universidades. Colaborou coa AUIP na elaboración de Directrices técnicas sobre Posgrao e sobre Titoría e Asesoría á Tese Doutoral (1998 e 1999)