Casado e con dous fillos, mestre e licenciado en Dereito, é funcionario dos Corpos de Mestres e Superior da Administración da Xunta de Galicia, nos que ingresou por oposición libre. Mestre especializado na organización de servicios escolares, estivo destinado na Inspección de Educación e Delegacións Provinciais do Ministerio e da Consellería de Educación en Lugo, desde ó 16 de setembro 1966 ata ó 9 de abril de 1987. Desde o 10 de abril 1987 ata ó 31 de maio 1996 foi secretario provincial da Delegación da Consellería de Educación en Lugo. Avogado do Ilustre Colexio de Lugo. Foi Gobernador Civil de Lugo desde ó 1 de xuño 1996 ó 4 de xuño 1997 e Subdelegado do Goberno en Lugo desde ó 5 de xuño de 1997 ata o 7 de maio de 2004. Ao cesar, incorporase ao posto de Secretario Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, posto no que permanece hasta o 1 de maio de 2009 en que, por transformación do posto de traballo,pasa a ser xefe territorial da Consellería de Educación e Ordenación Unversitaria en Lugo, cesando o 17 de xuño de 2009, pasando a desempeñar o posto de xefe do servizo de Recursos Humanos do citado Departamento Territorial, continuando en dito posto.
Profesor da Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo durante o curso 1995-96, cesando en maio de 1996 ó ser nomeado Gobernador Civil de Lugo. Foi profesor colaborador da Escola Galega de Administración Pública durante os cursos 1988, 1989, 1993 e 1997. Participou como relator nas Xornadas de Técnicas Directivas celebradas en Ferrol, Santiago de Compostela, A Coruña e Lugo no ano 1988, así como no curso para Directores de Centros de Ensino Primario e Secundario convocada polo C.E.F.O.C.O.P. da Coruña no ano 1996. Formou parte da representación española nas Xornadas Europeas de Representantes Territoriais do Estado, en París e Roma. Promoveu e organizou as celebradas en Lugo en 1998. Desde o curso 2008-2009 ocupa a praza de Profesor Tutor de Dereito Administrativo no Centro Asociado da UNED en Lugo.
Participou en Cursos de Directivo, de Dirección de Reunións, de Procedemento Administrativo e de Contratación Administrativa para os grupos A e B, convocados pola EGAP, así como en Cursos de Especialización en Lingua Galega, organizado pola Consellería de Educación e en Ciencias Sociais, convocado polo Ministerio de Educación.