Xosé Carlos Adán Arias


Categoría: Atleta
Data de Nacemento: 22 de xullo de 1967
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
 Currículum

Campión de España de 10.000 metros, categoría promesa, ano 1987. Campión de España de Cross, categoría sénior, 1994. Subcampión de 5.000 metros, categoría sénior, anos 1993 e 1994. Subcampión de España de Cross, categoría sénior, 1993. Subcampión Iberoamericano de 5.000 metros, categoría sénior, 1990. Campión Ibérico de 10.000, 1993. Asistiu a un mundial Júnior de Cross obtendo o posto 19 no ano 1986. Asistiu a nove mundiais sénior de Cross conseguindo os seguintes postos: 1989 (58); 1990 (153); 1991 (28); 1993 (29); 1994 (70); 1995 (18); 1997 (80), 1999 (27). Foi cuarto no Campionato de Europa de Cross en 1994, en 1995 obtivo o posto 49º e en 1999 o 27º. Conseguiu un 6º posto no Campionato de Europa de 5.000 en 1994. No Campionato do Mundo de 10.000 celebrado no ano 1993 obtivo o 16º posto e nas Olimpíadas de Barcelona en 1992 foi 23º. Campión Galego de Cross nos anos 1992 e 1999. Campión Galego de 1,500 nos anos 1994 e 1995 e de 10.000 en 1999.

 Obras realizadas

Mellores marcas persoais: 1500: 3' 44" 3; 3.000: 7' 52" 33; 5.000: 13' 19" 71 (mellor marca galega absoluta); 10.000: 27' 59" 49. Media Maratón: 1h 03' 15". Maratón: 2h 15' 06".