Enxeñeiro Agrónomo pola Universidade de Santiago de Compostela, foi xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural "Terras de Lugo" dende o 2009 ata finais do ano 2015. Actualmente é profesor de Formación Profesional na rama Agraria.
Colaborador como experto en sistemas de información xeográfica (SIX) en varias publicacións: 'Itinerarios polo concello de Castroverde', 'Cruceiros, cruces e petos de ánimas do concello de Castroverde', 'Árbores senlleiras da Terra Chá', 'Guía sobre o concello da Pastoriza', así como en proxectos de posta en valor do patrimonio cultural e etnográfico da provincia de Lugo, destacando: 'Vía Rexia do Norte' e 'A Ruta das Feiras na Comarca de Lugo'.