Gerardo Moscoso Caamaño (Xerardo Moscoso)


Data de Nacemento: En 1945 († maio de 2021)
Lugar de Nacemento: México, DF.
 Currículum

Fillo de emigrantes galegos, Médico pola Facultade de Medicina da Universidade Compostelana (Santiago, 1970), Gineco-obstetra; actor universitario; cantautor social; graba discos en idioma Galego de 1968-1977 (Barcelona, Milán, París, Xenebra, Caracas e Madrid). Profesionalmente inicia a carreira de actor de teatro en México (dende 1977 ata a data); como produtor de Cine (1981-1993).

Estudiou Perfeccionamento Actoral, Metodoloxía da Dirección Escénica no NET (Núcleo de Estudios Teatrales de la Ciudad de México) e posteriormente traballa como actor, co mestre Ludwik Margules, Marta Luna, Héctor Mendoza, Iona Weinsberg, Philippe Amand, Sandra Félix...

Participou en Comedias Musicais (Manolo Fábregas, Julissa, etc.); coa Compañía da Escola de Arte Dramático de Moscú, (Director Anatoli Vassiliev (1989), coa Compañía Nacional de Teatro (1994-1998), coa Universidade Nacional Autónoma de México (1986-1994), coa Universidade Autónoma Metropolitana (1993), etc...

É Director de teatro dende 1999.

 Obras realizadas

Dende o 2000 ó 2014 traballou en teatro penitenciario e fundou o grupo “Libertad entre rejas” no Centro de Readaptación Social de Torreón, Coahuila.

Colabora semanalmente nos diarios Milenio-Laguna, Diario de Saltillo, e nas revistas Espacio 4 de Saltillo e Paso de Gato da Cidade de México.

Polémico, que se autodefine como “Anartista” e políticamente incorrecto.

Fundador da Compañía Coahuilense de teatro La Gaviota A.C. con sede na Cidade de San Pedro de las Colonias, Coahuila.

Director da Compañía Estable do Teatro Salvador Novo na cidade de Torreón Coahuila.

É Coordinador da Secretaría de Cultura do Estado de Coahuila na Rexión Laguna dende xaneiro de 2013.

 Outros datos de interese

PREMIOS

Premio APT Actuación (Asociación de Periodistas de Teatro en México D.F pola obra “Perder la Cabeza” (1996).

Premio ó Creador Emérito de Coahuila, México (2006).

Presea Xavier Villaurrutia pola súa destacada labor, traxectoria e contribución o crecemento do teatro nos estados. 2013.

Medalla Magdalena Mondragón como cidadán distinguido pola súa trascendente labor no ámbito artístico e cultural do Municipio de Torreón o 8 de setembro do 2015.