
CurrículumEstudiou Bacharelato en Lugo e Dereito e Filosofía en Valladolid e Madrid. Dificultades económicas obrígano a volver a Lugo, onde da clases particulares de Literatura e Francés. Durante os anos políticos participa na política chegando a militar no Partido Galeguista. En 1962 entra na Real Academia Galega cun discurso de ingreso titulado Castelao e a tradición galeguista.
Obras realizadasArticulista: Aparte de que a súa producción literaria goza dunha gran reputación, o seu labor como articulista é importantísimo. O seu primeiro artigo aparece publicado en 1927 no xornal lucense La Provincia e en 1934 publica en 'El Pueblo Gallego' o seu primeiro artigo en galego. Antes da guerra civil colabora en revistas como Guión, Resol e Yunque. Despois da guerra regresa ó periodismo co seudónimo de Neumandro e colabora en periódicos como El Progreso, Hoja del Lunes, La Noche, Faro de Vigo...
Obra literaria: 'A lus do candil' foi o seu primeiro libro publicado en 1953. Trátase dunha colección de contos relacionados entre si nos que fai marabillosas descricións das xentes e as súas terras.
En 1955 publica outra colección de contos baixo o título de 'Terra brava'.
En 1958 publícase en Buenos Aires 'Pauto do demo'.
En 1972 publícase un conto fantástico titulado '¿E dicímolo ou non o decimos?' e ó ano seguinte 'Contos da néboa', vinte relatos de misterio.
Outros datos de intereseDedicóuselle o Día das Letras Galegas no ano 1997.