Licenciado en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade imparte clase de Latín como catedrático no I.B. "Xosé Neira Vilas" de Perillo- Oleiros (A Coruña).
Realizou as seguintes traduccións: A Galicia Románica, Bango, Torviso, Galaxia, Vigo. Conta ben que son des, María Aurela Capmany, Editorial Argos Vergara, Barcelona. Fábulas, Fedro. En colaboración con Xosé Mª Liñeira Reboredo e Rosa Mº García Vilariño. Edita a Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia. Clásicos en Galego, nº 2 e Sobre a Vellez, sobre a Amizade¸ Cicerón. En colaboración con Xosé Mª Liñeira Reboredo, Xunta de Galicia, Editorial Galaxia, Clásicos en Galego nº 14. Colaborou en revistas e realizou os seguintes artigos: "Un rasgo de Humanidade de Eneas" (Novas tiradas do libro V da Eneida), Revista Grial, nº 99, Vigo e "Un esquema para a análise visual do Latín", Revista Trevo, nº 5, Ourense. Como autor de literatura infantil e xuvenil conta coas seguintes obras: Os Gazafellos (1986), Andainas de Pedro Chosco, Investigación 091, Investigació 091, O Talismán dos Druídas, O Xílgaro Pintor, Os Enredos de Olalla, La vida diaria de los romanos, A vida diaria dos romanos (en portugués), A Fraga Misteriosa (1985), O deus desaparecido (1990), A historia do home-can, S.O.S., Romaxe de desventuras, Romería de desventuras, Maldito DNI, Andrea quere ser maior e Mimos e máis mimos.
É membro da Asociación do Libro Infantil e Xuvenil e membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Consegiu o premio San Martiño da Estrada, o terceiro premio "Barco de Vapor" 1986 e o 1º en 1990.