Xosé Antonio Pombo Mosquera


Data de Nacemento: En 1953
Lugar de Nacemento: Olas – Mesía (A Coruña)

Opinión
 Currículum

Cursou os últimos anos de bacharelato en Vilalba (Lugo), onde reside dende 1970. Licenciouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1977, onde cursou os estudos no quinquenio 1972-1977. Exerceu a docencia no ensino medio desde 1979 e desde 1982 é profesor de lingua galega e literatura en diferentes institutos da provincia de Lugo, sendo o seu último destino o IES A Piringalla (Lugo), onde foi primeiro vicedirector e logo director entre 1998 e 2000. Durante o seu período de docencia exerceu cargos de xefe de departamento da área de Lingua Galega e Literatura e foi asesor técnico pedagóxico do Centro de Formación Continuada do profesorado de Lugo entre 1992 e 1995. En outubro do ano 2000 foi nomeado subdirector xeral de Promoción e Ensino da Lingua Galega (Dirección Xeral de Política Lingüística) da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, cesando en outubro de 2005.

 Obras realizadas

Ademais de participar en numerosos encontros e xornadas de profesorado de lingua galega, impartiu cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega para distintos colectivos, tanto en Vilalba coma en Lugo. Tamén foi relator en cursos de capacitación do profesorado que, á súa vez, habería impartir máis tarde. É autor do libro de texto ‘Lingua Galega-2º EXB’ e a súa corresponde guía didáctica, Editorial S.M., 1983 e dos libros ‘Lingua Galega – 1º EXB’ e ‘Lingua Galega – 2º EXB’ coas súas correspondentes guías didácticas, Galaxia e S.M., 1985. Tamén é autor do pequeno manual de consulta ‘Guía rápida da lingua’, publicado por Edicións Xerais en 1997.

 Outros datos de interese

Como prehistoriador e arqueólogo, participou en numerosos congresos sobre arqueoloxía galega, tanto a nivel nacional como internacional. Ten numerosas publicacións en revistas especializadas sobre prehistoria no noroeste da Terra Chá, editado pola Deputación Provincial de Lugo en 1996.