Soledad García é unha escritora e poeta nigranesa cunha obra caracterizada polo seu compromiso na defensa do idioma galego, do medio ambiente e do patrimonio da comarca do Val de Miñor e de Vigo.
Autora de once libros infanto-xuveniles: DEDAS, Un paseo por Nigrán, Un paseo por Baiona, A walk in Baiona, Un paseo por Gondomar, SAMAGOSTÍN, URCO unha historia reciclada, VERSOS E ABELLAS para salvar o planeta, ZOO LIBRE, Herbario do Solsticio de Verán e Un paseo polo Nadal de Vigo.
Participa en diversos festivais poéticos e realiza sesións de contacontos. É a creadora de tres poemarios ilustrados: APOSIOPESE, O camiño de Perséfone, e POEMARcovida, palabras de imaxe e vida, homenaxe ao traballo do persoal sanitario e de protección civil durante a pandemia.
Ten publicado obras colectivas nas editoriais Elvira, Kalandraka, Galaxia, no blog-revista Versos e Aloumiños e na revista do Instituto de Estudos Miñoráns, no que forma parte do grupo de Promoción do Uso do Galego.
Os seus últimos premios literarios son Unha aldea de luz, accésit IV Certame Exeria de Vigo, MAI · Muller Amadora Ígnea, 1º premio XXXII Certame Literario Xaime Illa Couto de Poio; Centón Villaltiano, 1º premio XVIII Certame Literario Verbas Novas; Bethléem, 1º premio XLVIII Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal; O camiño de Perséfone, 1º premio VIII Certame de Poesía en Lingua Galega Manuel María de Gipuzkoa; As palabras son cinzas por soprar, 1º premio XXVIII Certame Poesía Manuel Oreste Rodríguez López de Paradela; APOSIOPESE, 3º premio XI Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro de Mondoñedo; Nunha vila caben todos os ventos, 1º premio III Certame de relato O Enxeño Engaiolado de Baiona; Haberán de construír un cemiterio nas illas, algún día!, 1º premio XIX Certame de Relato Curto de Mugardos; Vivaldi de haikus, 1º premio XIX Certame de Poesía Anomar, e Crisálida, 1º premio II Certame Literario Microrrelato Aliteraclara."