José Blanco


Categoría: Político
Data de Nacemento: En febreiro de 1962
Lugar de Nacemento: Palas de Rei (Lugo)
 Currículum

Por motivos laborais a súa familia trasládase a Lugo. Alí cursa EXB e Bacharelato (Instituto público Juan Montes).
Xa en Santiago de Compostela inicia estudos de Dereito que deixa para incorporarse a traballar na secretaría de Organización do PSdeG-PSOE. Realiza distintos cursos sobre dinámica de grupos e técnicas de organización, así como de comunicación política e socioloxía electoral.

 Obras realizadas

A súa inquietude política iníciase sendo moi novo, co achegamento ó PSP de Tierno Galván no que militaba un profesor ó que coñece estudando bacharelato en Lugo, José López Orozco, actual alcalde da cidade. Trala fusión co PSOE, Blanco afíliase a este partido en 1978.
Xa como Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia é elixido Presidente do Consello da Xuventude de Galicia. Fundador do “Centro de Estudios Juventud y Sociedad” que se encargaba de asesorar ás diferentes administracións en políticas de xuventude.
Foi membro da Comisión Executiva Galega do PSdeG-PSOE e secretario xeral dos socialistas en Lugo.
Nas eleccións xerais de 1989 resulta elixido senador, o máis novo da Cámara Alta na IV Lexislatura. Revalida a acta nas eleccións de 1993. En 1996 encabeza a candidatura do PSOE por Lugo ó Congreso dos Deputados, obtendo o escano que revalidou nas seguintes convocatorias.
Trala perda das eleccións xerais de 1996, Blanco súmase suma ó grupo Nueva Vía, que aposta por José Luis Rodríguez Zapatero como candidato á secretaría xeral do PSOE. Actúa como coordinador do grupo para conseguir os apoios dos delegados que, finalmente, elixen a Rodríguez Zapatero como novo líder dos socialistas no 35 Congreso Federal.
Nese congreso, celebrado no ano 2000, é elixido secretario de Organización e Acción Electoral. Desde a Executiva Federal dedícase a modernizar a estrutura do centenario partido, dotándoo dos medios máis avanzados de comunicación, tanto interna como externa. Durante a súa etapa á fronte da secretaría de Organización renóvase, tanto en medios como en persoas, a estrutura federal do PSOE, racionalizándose os medios materiais e humanos dispoñibles. Nesta etapa perfecciónase o censo de militantes e créase e ordénase a figura do simpatizante. Así mesmo, consegue racionalizar o gasto e as inversións realizadas, equilibrando e optimizando os recursos dispoñibles.
O PSOE reforza e potencia a súa estrutura territorial, tanto dentro como fóra de España, e inicia unha renovación xeracional que se foi completando nos distintos congresos celebrados neste tempo.
Desde as súas responsabilidades no PSOE con outros partidos e organizacións, tanto en España como fóra, sobre todo no continente americano, onde se iniciou ou reforzou a colaboración con distintos partidos como o Partido Demócrata americano.
En materia de comunicación e imaxe, Blanco aposta pola renovación integral da “marca PSOE”, dando un cambio de orientación ós deseños e mensaxes cos que os socialistas se dirixiron á sociedade española. Son varias as prestixiosas distincións que recibiron as campañas publicitarias desenvolvidas dentro das campañas electorais que coordinou.
Coa súa iniciativa ábrese a nova etapa multimedia do PSOE, que culmina coa posta en marcha de iPSOEtv. Inaugúrase a nova páxina web á que se dota das novidades, ata o momento descoñecidas, que o levan a ter o recoñecemento de nacional e internacional. En 2008 recibe o Premio e-Democracia que outorga o Politech Institute of Political Technologies de Bélxica como recoñecemento á calidade da páxina Web do PSOE e o seu compromiso para robustecer a participación cidadá a través das novas tecnoloxías da comunicación.
Coordinou todas as campañas electorais do PSOE a nivel nacional desde 2003. Como máximo responsable das mesmas apostou por innovadoras técnicas electorais e de comunicación política que cambiaron o panorama das campañas electorais desenvolvidas nos últimos anos en España. Estudoso da comunicación política aplicada, tanto en Europa como en América, puxo en marcha esquemas de traballo que demostraron o seu éxito noutras democracias.
No 36 Congreso Federal (xullo de 2004) é elixido secretario de Organización e Coordinación da Comisión Executiva Federal do PSOE, responsabilidade que desempeña ata o 37 Congreso en que é elixido Vicesecretario Xeral do PSOE, responsabilidade que antes exercera Alfonso Guerra.

 Outros datos de interese

Está casado e ten dous fillos.