Xosé Antón Pet Posse


Categoría: Directivo de empresa e escritor
Data de Nacemento: 4 de febreiro de 1941
Lugar de Nacemento: Ponteceso (A Coruña)
 Currículum

Naceu na comarca de Bergantiños. Vive en Cataluña desde os 17 anos. Reside actualmente en Girona. Cursou a Ensinanza Secundaria nos Marista da Coruña. En 1962 ingresou en Tabacalera. Nesta compañía desempeñou cargos de responsabilidade, foi delegado na zona catalano-balear. Hoxe representa á empresa tabaqueira na provincia de Girona. É Técnico Superior en Dirección de Marketing.

 Obras realizadas

A súa obra literaria é actual, amena e apaixonante. Pet Posse é un narrador nato, un escritor que sabe contar historias e describir maxistralmente escenarios e situacións. É autor das novelas: Portoceo (1983), Las gemelas de Fornelos, La taberna de Bergantiños (1986), Una dama de altos vuelos (1987), Amalia la del 228 (1989) e La tahona de Froilán (1990). Escribiu un libro de poesía Poemas singulares e doce sonetos apasionados (1985) e dous de relatos curtos Contos e Lembranzas (1987) e La historia de Ali (1995). É un recoñecido conferenciante e asiduo colaborador en publicacións periódicas.

 Outros datos de interese

Á socio fundador do "Penedo Fogar Galego" de Barcelona e membro do consello asesor de FEGADA (Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña e Andorra).