Epifanio Ramos de Castro


Categoría: Catedrático
Data de Nacemento: 25 de novembro de 1924 (†5 de xullo de 2006)
Lugar de Nacemento: Zamora
 Currículum

É licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, realizando os cursos de doutoramento na mesma universidade. Realizou varios cursos de lingua francesa en varias universidades francesas e o diploma de Aptitude para Ensinanza da Lingua Francesa (Universidade St. Cloud, Francia). Foi profesor axudante na Escola de Comercio de Lugo (1957-60), profesor axudante de clases prácticas no Instituto Nacional Feminino de Ensinanza Media (1957-58), profesor interino no Instituto Nacional Feminino de Ensinanza Media (1958-61), profesor adxunto de francés por oposición libre no Instituto de Ourense (1961-63), catedrático numerario de francés por oposición libre no Instituto Feminino de Lugo (1962-90) e profesor de francés da Escola Oficial de Idiomas de Lugo (1987-90). Desempeñou, ademais, os cargos de secretario do Instituto Nacional de Ensinanza Media Feminino de Lugo (1963-66, 1969-72 e 1975-84), director do Instituto Nacional de Ensinanza Media Mixto nº 1 (Xoán Montes) de Lugo (1972-75) e director da Escola Oficial de Idiomas de Lugo (1987-90).

 Obras realizadas

É autor dos seguintes libros: La pronunciación francesa (Celta, Lugo, 1963); Las Cántigas de escarnio y maldecir de Alfonso X el Sabio (Alvarellos, 1973); La Secuencia de Santa Eulalia (Publicacións do Instituto Nacional Feminino de Lugo, 1981); El Cardenal de Retz y España (Publicacións do Instituto Nacional Feminino de Lugo, 1981); Galicia y Francia (en colaboración con J. Alonso) (Círculo des Artes, Lugo, 1965); Cen anos de literatura galega (en colaboración con J. Alonso) (Círculo das Artes, Lugo, 1964) e Castelao na voz dos poetas (en colaboración con J. Alonso e R. Palmás) (Edicións do Castro, A Coruña, 1970). Escribiu artigos, conferencias e separatas.