Daniel de Castro


Data de Nacemento: En 1980
Lugar de Nacemento: O Carballiño (Ourense)

   Cultura
 Currículum

Estudou Deseño Gráfico e Dirección de Arte en Vigo. Afincado no centro financeiro de Vigo, Daniel de Castro leva máis de oito anos traballando en Deseño Gráfico con diferentes clientes a través do seu propio estudio. Grazas a unha sólida formación titulouse en Gráfica Publicitaria na Escola de Arte Pablo Picasso da Coruña, tivo a oportunidade de traballar cos deseñadores coñecidos polas súas funcións didácticas, Marcet Comunicación e Carlos Canella y Simonetta Spada en Zink Barcelona.
Daniel de Castro especializa a súa actividade profesional no Deseño e Desenvolvemento da Imaxe de Marca, servizos editoriais, cartelaría, desenvolvemento de eventos ou unha Identidade Visual Corporativa; sempre co obxectivo de achegar a comunicación gráfica entre a empresa e o seu público receptor, a través de diversas emocións. Entre os seus méritos cabe destacar a excelente imaxe realizada para eventos musicais ou servizos globais a nivel empresarial, méritos que foron recoñecidos en varios concursos internacionais nos que resultou premiado, como o cartel gañador “Festas do Cristo da Victoria” (2005), Premios Letra Nacionais da Comunicación Visual e a Gráfica de Entorno (2007 e 2008), Concurso Internacional de Cartelaría Francisco Mantecón de Terras Gauda (2005) ou o masivo Carpetvista’s Design Competition (2007).
O estudio compleméntase coa presenza puntual do seu irmán Óscar.
Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas, completou o seu programa de formación nas prestixiosas Central Saint Martins College of Art & Design de Londres e Escola Superior de Disseny Elisava en Barcelona, onde realizou un master en Deseño Gráfico aplicado á Comunicación.
 
 

 Obras realizadas

Despois de traballar como Copywriter en El Laboratorio (Madrid) para clientes como Mercedes ou Yoigo, entre outros, pasou a formar parte do equipo de Carlos Rolando The Design Workshop, Premio Nacional de Deseño en 2005 e foi o creador da imaxe de marcas como Camper, Roca ou a Expo Sevilla 1992.
Actualmente Óscar traballa entre Vigo e Amsterdam, onde colabora como freelance con dous dos estudios máis creativos da cidade.
 

 Outros datos de interese

Óscar e Daniel de Castro forman un equipo adaptado aos novos movementos empresariais. Con ánimo de ser pequenos, colaboran cunha extensa rede internacional de creativos especializados cos que contan para cada proxecto, dependendo da categoría do mesmo. A súa pequena estrutura flexible fai que se adapten aos problemas de comunicación do cliente baixo o trato persoal dunha implicación total.