A súa carreira profesional, despois de licenciarse en Ciencias da Información na Universidade de Navarra, iniciouse como colaborador dos xornais El Pueblo Gallego, El pensamiento Navarro e La Repubique des Pyrenées e da revista "Nuestro Tiempo". Máis tarde pasou a ser redactor (12 anos) e subdelegado de La Voz de Galicia. Foi, ademais, colaborador de El Periódico de Cataluña, Europa Press, Cambio 16, "Gente", "Interviu", Servimedia, Tribuna Médica, Cope Vigo, Ondas Galicia... Fundou con outros profesionais o desaparecido Diario de Galicia, do que sería delegado en Santiago e redactor xefe de Política. Entre 1994 e 2009 é director de Comunicación de "Xóvenes Agricultores-ASAJA Galicia" e director da revista mensual que a organización agraria leva publicando desde fai 17 anos e cunha difusión de 21500 exemplares. Entre febreiro de 1997 e xaneiro de 2000 foi coordinador da revista "Territorios", editada pola Federación Galega de Municipios e Provincias. Do 7 de novembro de 1990 ó 17 de decembro de 1993 foi director de Diario 16 de Galicia, convertendo ó xornal en pioneiro no uso do idioma galego e con el puxo en circulación unha colección cos 90 mellores títulos da literatura galega dentro da "Biblioteca de Autores Galegos". Tamén dirixiu o semanario gratuíto "Metrópolis".
En maio de 2012 se doutorouse en comunicación pola Universidade de Vigo, coa tese "La mala prensa del eucalipto".
Ocupou o posto de Xefe do Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Actualmente está xubilado, dende o ano 2020.
Foi vicepresidente e presidente da Asociación da Prensa de Santiago, desde onde foi o máximo impulsor da Federación de Asociacións da Prensa de Galicia, que tamén presidiu e que foi o xerme do actual Colexio de Xornalistas de Galicia.
Ocupou tamén os cargos de tesoureiro da Federación de Asociacións de Prensa de España e supervisor de estilo na editorial "Universidad de Navarra".
Editou o libro Libertade de comunicación, comunicación en libertade.
Fundou o grupo afeccionado de teatro "Antroido", co que representou unha decena de veces a obra de Carlos Arniches Este es mi hombre, coa que conseguiu o premio provincial de teatro de Pontevedra en 1972.
Posteriormente levaría a escena El tintero e Esperando a Godot.
1995. Autor do traballo de investigación “Representación e indefensión do xornalista en Galicia” (Universidade Complutense de Madrid).
1996. Autor do traballo de investigación “A lidia en Galicia”. (Universidade Complutense de Madrid).
2001. Autor da novela inédita “Namib spanish fly” sobre periodismo de camuflaxe.
2007. Autor do ensaio “La Correspondencia Gallega e o desastre do 98”, publicado en xullo pola Deputación de Pontevedra.
2007. Autor da novela “Abreviatura” publicada en setembro por Edicións Lea (Santiago).
2015. Autor do traballo de investigación "La mala prensa del eucalipto", editada pola Deputación de Pontevedra.
2015. Autor da biografía "Manuel Rieiro: Cómo conquisté Brasil".
2019. Publicou "Suso Vaamonde: Voz de Trebón".
En 2016 funda o grupo musical V-ROC (acrónimo de Vai Rascar O Carallo) do que foi cantante ata 2019.
É socio e accionista do Real Club Celta e membro da súa fundación.
En decembro de 2006 fundou a Asociación Galega de Amizade con Israel, da que é secretario xeral. En outubro de 2008 foi galardonado polo concello de Río de Janeiro coa Medalla Pedro Ernesto, polas súas actividades de irmandamento cultural, ratificando a moción que a propia cámara municipal carioca aprobara 10 anos antes no mesmo sentido. En xuño de 2009 foi elixido presidente do Consello Asesor de RTVE en Galicia e da CRTVG.
Está casado e ten dous fillos. É o fundador, cantante e letrista do grupo de pop press "Esguince de Frenillo", que refundou 17 anos despois, en 2003, coa denominación Esguince (The Paleo Rock Band), banda que sigue liderando como cantante e manager.
http://miguelboo.blogspot.com/
http://esguincepaleorockband.blogspot.com/
http://www.myspace.com/esguincepaleorockband