Carmen Correa Castedo


Data de Nacemento: 21 de xuño de 1933
Lugar de Nacemento: Queirogal (Cádavo)
 Currículum

Carmiña Correa nace no seo dunha familia humilde formada polos pais e sete irmáns (cinco mulleres e dous homes). Os anos da guerra civil e a posguerra sorprenderon a Carmiña en idade escolar. A escola de Vilar, a onde asistía, unhas veces estaba aberta e a maioría pechada, a do Cádavo quedaba demasiado lonxe (cinco quilómetros), non obstante ela, e cando os labores llo permitían, non deixaba de acudir. Carmiña tiña daquela unha prima en Madrid, coa que lle unía unha moi boa relación. No Queirogal eran moitas bocas a comer, por iso pasa longas tempadas na capital de España. E é así como con nove anos decide quedar a vivir en Madrid, xa que non vía ningún tipo de futuro na súa terra natal. Primeiro como empregada de fogar e máis tarde como empregada nunha tenda, foron pasando os anos. Un bo día, a través da prensa, viu un anuncio onde solicitaban unha rapaza para un laboratorio cinematográfico. A súa estupenda figura e o seu don de xentes fixo que o posto a cubrir fora para ela. Así comezou o seu periplo polo cine. No laboratorio montaba películas, facía empalmes para as deterioradas e todo tipo de traballo relacionado coas películas. Era un traballo moi delicado e incluso perigoso dado o material co que se traballaba naqueles anos, acetatos altamente inflamables. Durante a montaxe da película de Rovira Beleta, El expreso de Andalucía (1956), e do que se encargaban os laboratorios nos que traballaba Carmiña, o propio director ofreceulle un pequeno papel na película. Pese a que lle daba moita vergoña verse ó lado de Jorge Mistral, Marisa de Leza, Carlos Casaravilla, Vicente Parra, Antonio Casas ou José Luís López Vázquez, non o pensou dúas veces e aceptou o ofrecemento. Foi a súa entrada no cine.
 

 Obras realizadas

FILMOGRAFÍA:
Historia de la feria (1957), de Rovira Beleta, El ángel está en la cumbre (1958), de Jesús Pascual, El emigrante (1958), de Sebastián Almeida, El traje de oro (1959), de Julio Coll, Altas variedades (1960), de Rovira Beleta, El inocente (1960), de José Mª Forn, La rosa roja (1960), de C. Sérrano de Osma, Regresa un desconocido (1961), de J. Bosch, La cuarta ventana (1961), de Julio Coll, Carta a una mujer (1961), de Miguel Iglesias, El último verano (1961), de J. Bosch, La boda era a las doce (1962), de Julio Salvador, Trampa mortal (1962) de Antonio Santillán, Senda torcida (1962), de Antonio Santillán, El mujeriego (1963), de Francisco Pérez Dolz, Isidro el labrador (1963), de Rafael J. Salvia, Vida de familia (1963), de José Luís Font, La barca sin pescador (1963), de José Mª Forn, Una madeja de lana azul celeste (1964), de José Luís Madrid e Arriba las mujeres (1964), de Julio Salvador.