Xavier Manteiga Pousa


Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

É licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de Historia Contemporánea (1986-1991) e fixo o Curso de Aptitude Pedagóxica (C.A.P) (Santiago, 1991-1992).

 Obras realizadas

Escribiu as seguintes obras: “Morrer na herba”, Edicións Positivas, 1995; “Sinfonía inacabada” (finalista do Premio Xerais de Novela, 1995), Edicións Positivas, 1996; “As portas do inferno” (finalista do Premio Esquío de Poesía, 1995); “Efrén” (poema para o libro colectivo “Berra liberdade”, Editorial Galaxia, 1996); “Manancial” (Premio Xerais de Novela 1997), Edicións Xerais de Galicia, 1997; “Ira” (Finalista do Premio Blanco Amor de Novela, 1999), Editorial Galaxia, 2002; “O soño de Caín” (Finalista do Premio García Barros de Novela, 2005) (Pendente de publicación).
É autor do guión documental “Domingo Fontán” para Tele 5 e T.V.G. (Nominado ó mellor documental no Festival de Cinema de Ourense, 1996), guionista do programa concurso “Si, quero”. C.T.V. para a TVG, dialoguista do guión de longametraxe “Erín”, autor da serie de ficción “Tres en Un”, autor da Biblia e Guionista da sitcom “Pequeno hotel” para a TVG, coautor do guión cinematográfico “Ilegal”, autor da Biblia, guionista e editor da serie documental dramatizada “Memorias dun pobo”, coautor da Biblia da sitcom “Curmáns”, coautor das Biblias das serie de animación “Mundo verde” e “Mona e Pera”, guionista do programa “Con Perdón”, dialoguista da serie “Terra de Miranda”, co-creador dos personaxes de ficción “Os Tonechos”, co-guionista dos sketchs “Os Tonechos” para o programa “Luar” (2002-2004), coguionista da gala dos Premios Mestre Mateo 2003, coguionista dun especial de “Pratos Combinados”, coguionista de máis de 25 especiais de “Os Tonechos” e guionista e editor de “O show dos Tonechos” (TVG).
Realizou un curso de Dramaturxia e guións para a televisión (1994) un seminario de escritura de guións en equipo e un curso sobre diálogos cinematográficos e de series de ficción (1999).

 Outros datos de interese

É colaborador ocasional en revistas, xornais, boletíns: La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Guía dos libros novos, Compostelán, Boletín Xerais, Revista Caña...
É membro fundador da A.G.A.G. (Asociación galega de guionistas), membro da Academia Galega do Audiovisual e membro de Cabezas Quentes, colectivo de guionistas galegos encamiñado a desenvolver proxectos propios ou de encarga.
Recibiu o premio do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (I.C.A.A), do Ministerio de Cultura, para a realización do guión cinematográfico “Ma Clon”.