Xoan Ramón Díaz Sánchez


Categoría: Xornalista e escritor
Data de Nacemento: 28 de xuño de 1948
Lugar de Nacemento: Lugo
 Currículum

En 1968 colabora como Redactor en Radio Popular de Lugo, con dous programas, un semanal "Sintonía con el Corazón del Mundo" de contido social e outro diario "A Propósito", de temática local. Durante 1969 e parte de 1970, realiza en Radio Lugo o programa "Pantallas y escenarios" de crítica de cine e teatro.

 Obras realizadas

Durante un tempo, cerca de dous anos, dispuxo dunha sección fixa, de humor, en Diario 16 e colabora con El Progreso.
Breves incursións no campo da dobraxe e do teatro variado.
É traductor ó galego de seis cadernos das tiras de Mafalda, os 4 primeiros en colaboración con Ramón Reimundez Noreña.
En 2003 publica ‘A Xeada Negra’ na editorial Tris Tram e en 2006 ‘Chuvia Mansa’ na mesma editorial. Son as dúas primeiras entregas dunha colección dedicada ó personaxe Manolo Meiriño.

 Outros datos de interese

Ten un accésit do 'Modesto R. Figueiredo', patrocinado polo Pedrón de Ouro e un 1º premio no concurso de contos Breogán do Centro Galego de Baracaldo.