Manuel María Puga y Parga


Pseudónimo:Picadillo
Categoría: Escritor e político
Data de Nacemento: 23 de abril de 1874 (†30 de setembro de 1918)
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela
 Currículum

Licénciase en Dereito en Santiago de Compostela coa tese Fueros nobiliarios. Consegue un posto na Dirección Xeral de Rexistros e trasládase a Madrid, regresando pouco despois a Arteixo para ocupa-lo cargo de xuíz municipal. En 1913 comeza a dedicarse á política, sendo alcalde da Coruña en dúas ocasións (1915 e 1917).

 Obras realizadas

Empeza a escribir en El Noroeste unha sección dedicada ás receitas de cociña baixo o pseudónimo de "Picadillo". Publica o seu primeiro libro en 1901 na Coruña 36 maneras de guisar el bacalao, que ampliaría con outro, publicado en Madrid, Las 56 maneras de hacer el bacalao. En 1905 publica na Coruña a súa obra máis importante: La Cocina Práctica, coas receitas de El Noroeste e outras novas. O prólogo é da condesa de Pardo Bazán. En 1913 remata a súa serie gastronómica con Vigilia reservada (Minutas y recetas). O seu último libro foi Mi historia política, onde dá renda solta á súa ironía.