Emigrou en 1958 a Arxentina, onde cursou os estudos primarios e secundarios. En 1967, volve a España con intención de regresar ó país sudamericano, pero tras viaxar por Europa, casa en Barcelona en 1971 e queda definitivamente na cidade condal, onde ten dous fillos.
En 1986 constitúe a empresa de investigación Método 3, S.A. da que segue sendo directora xeral e presidenta do Consello de Administración. Hoxe, con sucursais en Madrid e Bos Aires, Método 3 e Marita son referencia mundial no ramo da investigación.
Os seus dous fillos, avogados e detectives, son o seu complemento e deles, Francisco, doutor en Dereito, asume funcións de director xeral coa súa nai.
Marita creou unha nova forma de entender ó detective privado, como referencia obrigada, no apoio ó letrado no desenvolvemento e preparación da proba.