Xoán Eiriz


Categoría: Cantautor de música lixeira e popular
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Máis de trinta anos dedicados a cantar na fala de Cunqueiro, intentando dignificar e universaliza-la fala galega por medio da linguaxe mais universal, a música.

Aló polo ano 1988 naceu o seu primeiro LD "Sentimentos", comezando un novo estilo diferente dos tópicos ó uso empeñados en facer do idioma unha barreira e da creación musical en Galicia un último reduto de folclórica resistencia ó castelán.

Para él sempre foi todo máis sinxelo, canta en galego tanto temas propios coma temas populares e universais por vez primeira. En galego versionou grandes temas coma "My way", "Granada", "Feelings", amosando a flexibilidade da lingua galega para cantar calquera tema.

Coa súa música, que intenta escapar dos modismos, intenta sempre ser fiel ás costumes do noso pobo, aportando o seu "grao de area" a dignificación do idioma e, en consecuencia, á tan necesaria normalización lingüística do noso benquerido país no que a música xoga un papel preponderante. Por iso naceron sucesivamente os seus traballos discográficos "Sentimentos", "A RTVG e os músicos galegos", "Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, "Amiga, amada", "Na miña fala", "Galicia", "Eu voute amar", "Azul", "Amores ei", “Lelías”, e o seu último traballo "Trinta anos e unha cantiga de amor”, gravado en directo no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña.

Asemade vense de editar una "Fotobiografía sonora de Alvaro Cunqueiro", onde colabora con outros artistas galegos.

Actualmente ven de publicar o seu decimoterceiro traballo “DENDE AS CORDAS DO MEU CORAZÓN” que presentará en directo na súa XIRA 2014 por toda Galicia, onde fai un percorrido polos poetas máis sobranceiros da poesía galega, cantando temas do noso riquísimo folclore popular e algunhas das máis recoñecidas cancións universais vertidas a fala de Cunqueiro. Neste traballo canta ás tres almas musicais de Galicia: ó seu riquísimo folclore popular (pandeiradas, foliadas, romances, alalás,...), as súas grandísimas cancións universais (Unha noite na eira do trigo, Negra Sombra, ...) a algúns dos nosos poetas máis sobranceiros, Rosalía, Cunqueiro, …, e versiona ó galego grandes temas coma "My way (O meu xeito)", “Adagio”, “Aleluia”, “Ne me quitte pas”, “Alfonsina e o mar”, “Pensa en min”, …, amosando a flexibilidade da lingua galega para cantar calquera tema e o grande amor que ten pola nosa lingua e pola cultura dun pequeno país chamado Galicia e cantando tamén neste traballo na fala irmá, o portugués, cancións como “Rosa Branca”, “Lágrima”….

Con este novo disco intenta seguir proxectando a nosa fala doce e agarimosa polo mundo, mediante a linguaxe máis universal: A MÚSICA.