Nani Matos Barcia


Categoría: Actor e Director
Data de Nacemento: 4 de novembro de 1966
Lugar de Nacemento: A Guarda (Pontevedra)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Súa actividade artística comeza dende moi xoven sendo aos 19 anos o primeiro director da banda da Agrupación musical de O Rosal (Pontevedra). Traballa en teatro dende 1998. No campo audiovisual traballou como actor episódico en series producidas para la televisión galega. Participou en spots publicitarios, video clips e distintas curtametraxes, protagonizando “ Cisma” de Germán P. Iglesia, “Historias de Blog” de Pancho Salmerón,  “Reflexos” de Carlos E. Rodríguez, “Esperanza para vivir” de Alberto S. Lozano e Noel G. N., ou “A guerra dos grelos” de Sara Calvete e Mariña del Toro, entre outras.
 
Canto ao teatro participou  en obras como  “Mac...yes, we can”, unha adaptación de Macbeth de Shakespeare, dirixida por Irene Moreira coa Cía. de Teatro Xerpo. “Escenas musicais” de Carmen Losada. “ O conto da illa desconhecida” de Saramago, dirixida por Elias Araujo. “O Quixote”, Fantasía sinfónica e teatral.  “La Cambiale di matrimonio” de Gioacchino Rossini, ópera, proxecto organizado polo Centro de Formación e Recursos de Vigo. “Salomé” de Oscar Wilde dirixida por Elías G. Araujo. “O Sindo” obra da que é autor e dirixida por Elías G. Araujo.
 
Formación Específica
 
Como actor fórmase inicialmente en la Escuela de Teatro municipal de Gondomar e no obradoiro  teatral Eliseo Alonso de Goian (Pontevedra). Fixo os seguintes cursos: “O actor no espazo” por Jose Luis Raymond (2008). “Taller de interpretación ante a cámara” por Moisés Morales EGACI (2008) . “O intérprete diante da cámara” impartido por Mario Iglesias (2008). "Curso de creación escénica" por Ana Vallés (2006). "A arte do mimo segundo Marcel Marceau e outras formas do teatro xestual" por Blanca del Barrio (2006). “Taller de Guión: O oficio de escribir para cine e televisión”. Dirixido por Xosé Cermeño (2006). “Creación de guións de cine e televisión” por Nacho Vigalondo, (2005). “O humor na narración oral”. por Cándido Pazó, (2003). “En busca da identidade cómica” impartido por Leo Bassi, (2003). “Técnicas de improvisación” impartido por Luis “loco” Brusca, (2002). Escola municipal “Gondomarteatro”. (1998-1999). Aula de teatro "Antonio Férnandez" (1999-2002). 

 Outros datos de interese

Estudos musicais e de canto. Membro de diversos grupos de música vogal: Actualmente membro do quinteto de música vogal "Spectra" dende o 2005. Coro “Collegiun Compostellanum”. Colaboracións. 2004/2005 Octeto de Cámara”Tempus” en 1.997/2004. Coro de Cámara “Camerata ad Libitum” en 1.996/1999 Coro da Orquesta Sinfónica de Galicia en 1.997/2000. Coro do Festival Mozart para interpretar a Ópera Così fan tutte (Mozart). Director de escena Jonathan Miller. 1999 Coro de cámara siglo XXI. 2005 Director da Agrupación Musical do Rosal en 1.986-1.988. Actualmente colaborador activo.
 
Guionista e director da curtametraxe Dies de (2009).
 
FINALISTA VII Premio Internacional de Cortometrajes Universidad de La Laguna. Tenerife. Diciembre.2009.  Premio do Público Festival Internacional de Cinema Solidari de Navarcles. CLAM.10. Barcelona. marzo 2010. 3º Premio Festival Internacional de Cinema Solidari de Navarcles. CLAM.10. Barcelona. marzo 2010. 2º Premio Festival Internacional de Cortometrajes de Torrelavega. maio 2010. Premio á Mello Interpretación Masculina Festival Internacional de Cine Social de Castilla- La Mancha. setembro 2010. Mención Especial Festival Internacional de Cine Invisible “ Filme Sozialak” Bilbao 2010. Setembro 2010.