Daniel Varela Suanzes-Carpegna


Categoría: Político
Data de Nacemento: 1 de abril de 1951
Lugar de Nacemento: Lugo
 Currículum

Licenciado en Dereito (Universidade de Santiago de Compostela, 1974). Cursou estudios de Dereito Internacional Público (Academia de Dereito Internacional da Haya, 1975) e "Financial and Business Studies" (West London College, 1976). É diplomado en Estudios Internacionais (Escola Diplomática, Madrid, 1980), diplomado en Comunidades Europeas (Escola Diplomática, Madrid, 1985) e Stagiare no Servicio Xurídico da Comisión Europea (Bruxelas, 1985). Foi letrado e funcionario do Corpo Superior de Administración da Xunta de Galicia, letrado-xefe do Gabinete de Estudios, Desenvolvemento Lexislativo e Dereito Comunitario da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia (Presidencia, 1985-1993), membro da Comisión Galega para asuntos relacionados coa Comunidade Europea, comisionado-director en Galicia do V Centenario do Descubrimento de América e comisario de Galicia na Exposición Universal de Sevilla en 1992.

 Obras realizadas

É autor das seguintes obras: La contratación pública de obras y suministros en el Derecho Comunitario (1988); La conflictividad constitucional en la aplicación estatal y autonómica del Derecho Comunitario (1989) e La incidencia del Derecho Comunitario en la España de las Autonomías (1990).

 Outros datos de interese

É membro do Parlamento Europeo (Grupo PPE) desde 1994 (na V Lexislatura 1999-2004) foi presidente da Comisión de Pesca do PE), membro da Comisión de Política Rexional, Transportes e Turismo, da comisión de Peticións do PE, da Delegación Interparlamentaria para as Relacións do PE con Canadá e do Parlamento Europeo na Asemblea Paritaria do Convenio concertado entre os Estados de África, do Caribe e do Pacífico e a Unión Europea. Foi galardoado coa Encomenda da Orde do Mérito Civil (1993).

É membro do comité executivo do PP de Lugo, da xunta directiva rexional do PP de Galicia e da xunta directiva nacional do PP.