Teresa García-Sabell Tormo


Categoría: Filóloga
Data de Nacemento: 11 de marzo de 1942
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela (A Coruña)
 Currículum

Licenciada en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid.
Doutora en Filoloxía Francesa pola Universidade de Santiago de Compostela.
Profesora Titular de Filoloxía Francesa na Universidade de Santiago de Compostela.
Membro da Asociación de Profesores de Filoloxía Francesa da Universidade Española.
Actividade docente en Universidade estranxeira: Profesora contratada durante o curso 90-91 como Maître de Conférences na Universidade de Borgoña (Dijou) en Francia.
Foi directora do Colexio Maior Rodríguez Cadarso, vicepresidenta da Asociación de Profesores de Francés de Galicia, directora do Departamento de Filoloxía Francesa e Italiana da Universidade de Santiago e membro do comité organizador do Congreso “Les chemins du texte” organizado pola Asociación de Profesores de Filoloxía Francesa da Universidade Española e a Universidade de Santiago.

 Obras realizadas

Publicou o libro Léxico Francés nos Cancioneiros galego-portugueses. Revisión crítica, Vigo, Galaxia e os artigos “Puntualizacións á influencia da escola trobadoresca provenzal no léxico da lírica galego-portuguesa”; “Sobre a traducción de textos medievales franceses na edade media. O capítulo VI de Erec”; “La traducción de textos medievales franceses a la luz de versiones coetáneas”; “Evolution et devéloppement des formes de l’interrogation directe. 1: Les marques” 2: L’ordie des elements de la prhase”... e “Compostela e os trobadores”.

 Outros datos de interese

-Tenente de alcalde e concelleira delegada de Cultura e para a capitalidade cultural do ano 2000 na anterior lexislatura.
-Tenente de alcalde e concelleira delegada de Presidencia, Relacións Institucionais, Educación e para o Xacobeo 2004 na presente lexislatura.