Ramón Nicolás


Categoría: Profesor, ensaísta e crítico literario
Data de Nacemento: 9 de xuño de 1966
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
 Currículum

Licenciado en Filoloxía galego-portuguesa (Universidade de Santiago de Compostela, 1989). Profesor de lingua e literatura galega nun centro de ensino público de secundaria en Vigo. Exerceu a docencia na Universidade de Vigo e é crítico literario desde 1990. Colaborou en diversos medios escritos e audiovisuais e faino na actualidade nas páxinas do suplemento 'Culturas' de La Voz de Galicia. Ademais, responsabilízase da sección "Breviario" da revista 'Biblos. Club de lectores' e nas páxinas de información de libros galegos na revista 'Qué leer'. 'Colaborou no programa Libro aberto da TVG.

Desde 199 dirixe a colección Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais de Galicia e recibiu o premio á cooperación editorial no ano 2004 instituído por esta editorial polo seu labor como crítico literario. Foi valorado en sucesivas votacións organizadas pola web fervenzas literarias como mellor crítico literario dos anos de 2008, 2009, 2010 e 2011; tamén a súa tradución de 'Sete casas en Francia', de Bernardo Axtaga, foi considerada como mellor libro na sección de tradución para adultos en 2009 na mesma web.

No ano 2011 a súa tradución de '30 gramos', de Leonel Moura, foi galardoada co Premio Lois Tobío á mellor tradución de 2011 pola Asociación Galega de Editores, recibindo tamén nese mesmo ano o Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega á mellor traxectoria en xornalismo cultural.

No ano 2013 a Asociación de Escritores en Lingua Galega galardoouno co premio ao mellor blog -cadernodacritica.blogaliza.org- e o mellor ensaio polo seu libro 'Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro' (Xerais, 2012), libro que tamén conseguiu o Premio Lousada Diéguez ao mellor ensaio publicado en 2012.

Desde 2011 é patrono da Fundación Celso Emilio Ferreiro.

 Obras realizadas

LIBROS DE ENSAIO:

-Guía de lectura de O soño sulagado de Celso Emilio Ferreiro (1992), Edicións do Cumio.

-Diccionario dos verbos galegos (1993), Edicións do Cumio.

-Entrevistas a Álvaro Cunqueiro (1994), Nigra.

-Papeis de literatura (2001), Xerais.

-Manuel Lugrís Freire. Vida e obra (2006), Xerais.

-Manuel Lugrís Freire. Biografía e antoloxía (2006), Xerais.

-Entrevistas con Celso Emilio Ferreiro (2009), Xerais.

-Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro (2012), Xerais.

 

En coautoría:

-Diccionario da literatura galega. I, Galaxia, 1995.

-Literatura galega, Hércules de Ediciones, 2000.

-Materia prima. Relatos contemporáneos, Xerais, 2002.

-Fírgoas, de Manuel Luís Acuña, Xerais, 1992.

-Celso Emilio Ferreiro. Fotobiografía sonora, Ouvirmos, 2008.

 

Editor literario e prologuista:

-Manuel Luís Acuña, Xerais, 2000.

-O sol na crista do galo, de Manuel Lueiro Rey, Xerais, 2003.

-Derradeira escolma ferida, de Manuel Lueiro Rey, Xerais, 2003.

-Poesía galega completa, de Celso Emilio Ferreiro, Xerais, 2004.

-Semblanzas, crónicas e artigos, de Celso Emilio Ferreiro, Xerais, 2005.

-O Grove: canción do sal e do vento, de Manuel Lueiro Rey, Xerais, 2005.

-Antoloxía de poesía galega. Antología de poesía gallega 1 (editor)*, Xunta de Galicia, 2008.

-Celso Emilio Ferreiro. Escolma poética, Kalandraka, 2008.

-Manuel Lueiro Rey. A liberdade ferida, Xerais, 2013.

 

TRADUCIÓNS AO GALEGO:

-Unha odisea nórdica, de Jack London, Sotelo Blanco, 1995.

-Cairo branco, de Jack London, Xerais, 1997.

-O fillo do acordeonista, de Bernardo Atxaga, Xerais, 2004.

-Hércules e Crunia, Kalandraka, 2005.

-A fin da terra, de María Rosa Lojo, Galaxia, 2006

-Se eu fose moi delgado*, de Antonio Mota, Kalandraka, 2006.

-Comandante Hussi, de Jorge Araújo, Kalandraka, 2007.

-Obabakoak, de Bernardo Atxaga, Faktoría K, 2007.

-Budapest, de Chico Buarque, Faktoría K, 2008.

-Sete casas en Francia, de Bernardo Axtaga, Faktoría K, 2009.

-30 gramos, de Leonel Moura, Alvarellos Editora, 2010. (Premio Lois Tobío á mellor tradución pola Asociación Galega de Editores, 2011)

-Semanas, meses, de Reko e Tina Lundán, 2011, Faktoría K. Con JarnaPiippo.

-Catálogo de obxectos rebuldeiros, de Pablo Prestifilippo, Faktoría K, 2011.

-Mefi, Sata e Demi, de Mercedes Neuschaffer-Carlón, Kalandraka, 2011.

-A revolta dos indignados, VV. AA., Kalandraka, 2011.

-A modelo descalza, de Jordi Sierra, Galaxia, 2011.

-A guía Necsia, de David Wapner e Marc Taeger, Faktoría K, 2013.

-Contos como pulgas, de Beatriz Osés, Faktoría K, 2013.

 

TRADUCIÓNS AO CASTELÁN:

-Comandante Hussi, de Jorge Araújo, Kalandraka, 2007.

-30 gramos, de Leonel Moura, Alvarellos Editora, 2011

-La taberna del Galo, de Celso Emilio Ferreiro, Pez de Plata, 2011.

-Semanas, meses, de Reko e Tina Lundán, 2011, Faktoría K. Con Jarna Piippo.

-Longa noite de pedra/Larga noche de piedra, de Celso Emilio Ferreiro, Auga Editora, 2011.